domingo, 30 de septiembre de 2012

COMENZO DOS ADESTRAMENTOS TEMPORADA 2.012-13


Ola a todos !!!

Aínda que con un pouco de retraso informámosvos de que o vindeiro luns 1 de outubro comenzan os adestramentos da temporada 2.012-13.
Sabemos que este comenzo de temporada houbo déficit de información e que estabades desexando empezar.
Lamentamos tardar tanto en organizar este comenzo e poder anunciarvos a organización dos adestramentos.
Finalmente manteremos os mesmos horarios da temporada pasada, aínda que con pequenos cambios na piscina da Estrada:
  
A ESTRADA:
Luns, mércores e xoves ás 16.00 h. (maiores)
Luns e mércores ás 19.00 h. (pequenos)
CALDAS DE REIS:
Luns, martes, xoves ás 18.45 h. e sábados ás 12 h. (pequenos)
Luns, mércores, xoves ás 18.45 h. e sábados ás 12 h. (maiores)

            Recordamos que se os horarios non vos encaixan podedes acudir a unha ou outra piscina indistintamente, sempre que sexades da categoría correspondente.
Lembrade que que a hora que se indica é para estar na piscina mudados e duchados dispostos para comenzar.
  
Tamén vos anunciamos novidades nas competicións da Fessga de esta temporada.

Moito ánimo !!!

domingo, 26 de agosto de 2012

VIDEO 15 ANOS

Eiquí tedes o video dos 15 anos, subino en hd asique dadelle a 720 para velo ben.

http://www.youtube.com/watch?v=JEvAbxrYHzE&feature=youtu.be

o en 1080

http://www.youtube.com/watch?v=e-jH4wA9eK8

Felices 15!!!!!

lunes, 6 de agosto de 2012

CEA ANUAL DO CLUB

Xa podemos confirmar máis detalles sobre a cea anual do club:
A cea será no Restaurante Sala Gradín da Estrada ás 22 h. do día 25 de agosto.
O importe da cea é de 15 € por asistente (prezo único para todos)
Débese confirmar a asistencia antes do día 20 de agosto chamando ós seguintes teléfonos:
- 677 38 68 31 (Lourdes)
- 676 55 85 12 (Kati)
É importante que corrades a voz para poder contar con todos.

miércoles, 1 de agosto de 2012

CEA DE MEMBROS DO CLUB

Un ano máis, a directiva está a organizar unha cea de confraternización para pais, deportistas e simpatizantes do club. 
En esta ocasión será o sábado 25 de agosto na Estrada.
Anunciaremos o lugar e o prezo en canto estén confirmados.

Contamos con todos !

ADESTRAMENTOS AGOSTO

Os deportistas do club Matías Rivadulla, Esteban Ferrero e Dani Suárez foron convocados pola Fessga para participar
na competición da Asociación de Clubs de Salvamento que se disputará en Ribeira o 19 de agosto.
Así mesmo, o club inscribirá ós seguintes deportistas: Antía del Río, Laura Mirás, Manuel Fariña e Manuel Pereira.

Para preparar esta competición realizaranse os seguintes adestramentos:
Xoves 11.30 h. na entrada da piscina de Caldas.
O seguinte adestramento probablemente será o martes ás 10.30 h. (Confirmarase o xoves cando se coñezan os horarios de autobuses e a posibilidade de trasladar o material á praia)

jueves, 26 de julio de 2012

DEPORTISTAS EXEMPLARES

Esta temporadao club contóu con varias incorporacións. A maior parte dos novos deportistas pertencen á categoría alevín e todos eles realizaron unha gran temporada. Tamén queremos salientar a de dous deportistas de categoría senior: Daniel Casas e Gustavo Carracedo.



Gus incorporouse dende principio de temporada e Dani fíxoo para a temporada de augas abertas. Ambos foron un exemplo de deportividade, de compromiso e integración, aportando todo o que os adestradores buscamos nos deportistas: Esforzo, empeño, perseverancia  e ambición por progresar conxuntados ca relativización polos resultados. Tamén se caracterizaron polo apoio ós compañeiros, colaboración na disposición do material e organización dos adestramentos.

Grazas polo voso exemplo !


martes, 24 de julio de 2012

DATOS IRON ABSOLUTO RAZO-2012

Este é o enlace no que podedes ver a traxectoria e distancia que realizáchedes ó facer a carreira Iron en Razo:

http://connect.garmin.com/activity/202628839#.UA63KN_CpKc.gmail