jueves, 26 de julio de 2012

DEPORTISTAS EXEMPLARES

Esta temporadao club contóu con varias incorporacións. A maior parte dos novos deportistas pertencen á categoría alevín e todos eles realizaron unha gran temporada. Tamén queremos salientar a de dous deportistas de categoría senior: Daniel Casas e Gustavo Carracedo.



Gus incorporouse dende principio de temporada e Dani fíxoo para a temporada de augas abertas. Ambos foron un exemplo de deportividade, de compromiso e integración, aportando todo o que os adestradores buscamos nos deportistas: Esforzo, empeño, perseverancia  e ambición por progresar conxuntados ca relativización polos resultados. Tamén se caracterizaron polo apoio ós compañeiros, colaboración na disposición do material e organización dos adestramentos.

Grazas polo voso exemplo !


No hay comentarios:

Publicar un comentario