miércoles, 27 de febrero de 2013

COMPETICIÓNS DO FIN DE SEMANA

Este fin de semana o club ten duas importantísimas competicións:

- O Campionato de España alevín, infantil e cadete que se desputará en Valladolid. A este campionato desprazaranse catro deportistas, aínda que algúns máis acadaron mínima para participar. Irán acompañados do adestrador Xurxo e de directivos e pais. Dende aquí desexamoslle a Marta, Ainoa, Antía e Miguel que desfruten o máis posible da experiencia, aprendan o máis posible e teñan sorte nas súas probas, e a toda a expedición sorte na viaxe.

- O Campionato Galego xuvenil, xunior e senior que se disputará en Carballo no que participarán todos os deportistas maiores (ademáis de Joel que axudará nos relevos). Acompañados de Alex e Xavi, membros da directiva e dos siareiros habituais. Esperamos que se confirmen as boas sensacións e se acade o bo resultado que todos esperamos

Forza Umia

viernes, 22 de febrero de 2013

DESTRAMENTO SÁBADO 23 DE FEBREIRO

Comunicámosvos que este sábado 23 o adestramento en Caldas só será para os maiores e os pequenos que van participar nos Campionatos de España.
O resto de deportistas de categorías alevín infantil e cadete non teñen adestramento.
Desculpade que o anunciemos con pouco marxe. Por favor avisade ós compañeiros.

lunes, 18 de febrero de 2013

PARTE


Informámosvos de que tras o accidente, o presidente está ben, animado e con menos dor. Xa o operaron de unha perna con un resultado moi bo. Agora precisa operar a outra perna. Despóis subirano á pranta e xa poderá recibir visitas.
En canto vaiamos sabendo algo máis xa o iremos comunicando.
Podedes deixar os vosos comentarios de apoio.

martes, 12 de febrero de 2013

ADESTRAMENTO SÁBADO 16 DE FEBREIRO

O sábado 16 de febreiro, ó coincidir o horario de adestramento ca toma de tempos para os deportistas de categoría xuvenil, xunior e senior, os deportistas de categoría alevín, infantil e cadete terán descanso.
Só están convocados os deportistas de esas tres categorías que van a participar nos Campionatos de España.

domingo, 10 de febrero de 2013

ADESTRAMENTOS ANTROIDO

Os adestramentos no antroido quedan do seguinte xeito:
A Estrada: Os pequenos descansan o luns 11 e o mércores 13. Os maiores adestran o mércores ás 16 h.
Caldas: Luns todos, martes pequenos. Mércores piscina pechada por festivo local.

CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN

A mañá do domingo 10 de febreiro desputouse novamente en Carballo o Campionato Galego en Augas Pechadas para a categoría alevín.
Por parte do noso club partiparon as seis deportistas da modalidade feminina e os tres da masculina, que repetían despóis da intensa xornada do día anterior na que axudaron a formar un relevo da categoría infantil.
Todos os deportistas do Umia estiveron a un nivel impresionante e exhibiron unha gran mellora técnica e unha mellora nas marcas
Os resultados máis importantes acadados foron:
- Mariña Rivadulla e Uxía Mirás acadaron a mínima para os Campionatos de España na proba de 50 m. Rescate con aletas. (co que xa son catro deportistas alevíns con mínima)
- Brais Vinseiro: Terceiro clasificado en 25 m. Arrastre do manequín.
- Marta Troitiño: Terceira en 50 m. Rescate do manequín con aletas.
- Ainhoa Carracedo: Primeira en 50 m. obstáculos, Primeira en 50 m. Rescate con aletas e cuarta en 25 m. Arrastre do manequín. Estes resultados permitíronlle proclamarse Campiona Galega Alevín.
- Ademáis o equipo feminino acadóu o primeiro posto nos relevos 4 x 50 m. natación con aletas e 4 x 25 m. obstáculos.

Algunhas fotos...


























CAMPIONATO GALEGO INFANTIL E CADETE

O sábado 9 de febreiro desputouse na Piscina de Carballo o Campionato Galego en augas pechadas para categorías infantil e cadete.



Co despiste matutino de Joel, as ausencias de Enara e Cristina, e a valiosa aportación dos alevíns Brais, Alex e Anxo, os deportistas do club realizaron un gran campionato.
Todos os deportistas baixaron os seus tempos personais en algunha ou todas as probas.



O nivel xeral foi altísimo, xa que este ano en case todos os clubs os deportistas parece que tamén están a adestrar moi forte. Quizáis por iso, aínda que os resultados foron moi bos en esta ocasión non acadamos demasiadas medallas. A excepción foi o relevo 4 x 50 m. flopi cadete feminino formado por (Ana, Alba, Uxía e Antía) que acadóu unha medalla de bronce, e a nivel individual Miguel Fariña e Antía García.

- Antía quedóu segunda na categoría cadete feminino, (a 2 puntos da primeira) tras acadar dous primeiros postos, dous segundos, un terceiro e un récord galego.
- Miguel acadóu o primeiro posto na categoría cadete masculina (Campión Galego da categoría cadete) tras acadar tres primeiros postos, e dous cuartos.

Algunha fotos do día:

 












miércoles, 6 de febrero de 2013

CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN, INFANTIL E CADETE

Este fin de semana vaise desputar en Carballo o Campionato Galego Alevín, Infantil e Cadete en augas pechadas.
O sábado 9 competirán os deportistas de categorías infantil e cadete en xornada de mañá e de tarde.
O domingo 10 competirán os deportistas de categoría alevín só en xornada de mañá.
Nembargantes, os alevíns Alex, Brais e Anxo, tamén acudirán o sábado para axudar participando nos relevos.
O quecemento será  ás 9.00 e as probas comenzan ás 10.00 h. É moi importante estar na instalación antes das 9.15 h.

domingo, 3 de febrero de 2013

TOMA DE TEMPOS

O  club ten solicitado para o vindeiro sábado 16 de febreiro unha toma de tempos que se realizará na piscina de Caldas. Esta toma de tempos está ideada para aqueles deportistas que non tendes tempo acreditado (ou tempo mínimo) en algunha das 6 probas individuais para participar nos campionatos galegos dos días 2 e 3 de marzo en Carballo.

Os deportistas que tendes pendiente algunha mínima sodes:

- Diego Cascallar: 200 supersos

- David Suárez: 100 combinada

- Dani Casas: 200 supersos/100 combinada

- Gustavo Carracedo: 100 combinada/200 obstáculos

- Ruben Fdz. Monteagudo: 200 obstáculos/100 sos/50 rescate/100 combinada

- Nerea Lopez: 200 supersos

- Laura Crespo: 100 combinada/50 rescate

- Samuel Torres: 50 rescate

- Mariña Magariños: 50 rescate/100 combinada

- Alba Montouto: 100 combinada/200 obstaculos/50 rescate/200 supersos

- Helena Gestoso: 100 combinada/200 obstaculos/50 rescate/200 supersos

Lembrade que o día da toma de tempos haberá igualmente adestramento para todos (pequenos e maiores)