domingo, 29 de septiembre de 2013

INFORME DA ASAMBLEA XERAL DO CLUB (27-09-13

O venres 27 de setembro celebrouse na Casa da Cultura de Moraña a Asamblea Xeral de socios do Club. 

A decisión máis salientable da noite foi a elección da nova Xunta Directiva presidida por Tino del Río.  A continuación exponse un informe a xeito de acta:









CEA ANUAL DO CLUB

O vindeiro sábado día 12 de outubro celebrarase a cea anual do club. O importe da cea rondará os 15 euros por comensal.
O lugar será A Estrada, pero aínda non está confirmado o lugar nin o importe definitivo, xa que foi unha decisión xurdida da Asamblea. En canto estén confirmados estes aspectos informarase oportunamente.
Ide reservando a data no voso calendario.
Por favor, confirmade a vosa asistencia facendo un comentario no blog ou no wasap do club.

domingo, 22 de septiembre de 2013

ASAMBLEA XERAL DO CLUB 27-09-13

O vindeiro venres 27 de setembro ás 21.15 h (convocatoria única) celebrarase na Casa da Cultura de Moraña a Asamblea Xeral de Socios do Club Acuático Umia ca seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación se procede da acta anterior.
- Informe do presidente.
- Informe económico.
- Presentación da temporada 2.013-14
- Eleccións  a Xunta Directiva.
- Rogos e preguntas.

Rógase a presencia de todos os membros do club.