Despóis da celebración das probas para as categorías infantil e cadete do sábado, o domingo pola mañá finalizamos o fin de semana do Campionato alevín, infantil e cadete ca competición para a categoría alevín.
Un pouco menos apretados que na xornada anterior, no vaso e nas gradas. Contamos con un gran número de deportistas dos clubs galegos, algúns deles moi novos.Os alevíns do Umia realizaron unha excelente participación, amosando unha importante evolución técnica.
Os resultados máis importantes foron:
- 50 m. Obstáculos : Marta Troitiño 1ª. Oscar García 2ª- 50 m. Manequín Aletas : Marta Troitiño 2ª, Mariña Rivadulla 3ª e Oscar García 1º- 25 m. Arrastre manequín Aletas Marta Troitiño 1ª, Mariña Rivadulla 3ª e Oscar García 2º
- 4 X 50 metros Natación Aletas: Relevo femenino segundas e relevo masculino primeiros.- 4 x 25 Obstáculos: Os dous equipos feminino e masculino foron terceiros.
Ca suma de todos os puntos individuáis e de equipos, o club quedóu segundo clasificado na categoría alevín.
Na entrega de trofeos contamos ca presenza D. Fabián Ferreiro (concelleiro de deportes de Caldas de Reis), Manuel Fariña (tesoureiro do C.A. Umia) e Tino del Rio (presidente do C.A. Umia)
Finalmente o club acadóu o segundo posto na categoría alevín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario