viernes, 28 de diciembre de 2012

RECEPCIÓN NO CONCELLO DE CALDAS

O venres 28 ás 13 h. o alcalde de Caldas D. Juan Manuel Rey recibíu ó presidente do club D. Javier Magariños, que acudíu acompañado de D. Manuel Fariña e de unha representación de deportistas do club.
O presidente aproveitóu para entregarlle a placa concedida pola Fessga ó Concello como recoñecemento á institución pública que máis apoióu o Salvamento Acuático en Galicia. O acto sinxelo e familiar transcurríu na Alcaldía do Concello.


O presidente aproveitóu para agradecer ó alcalde o poio constante durante estes 15 anos de traxectoria e salientóu os éxitos máis importantes do club.


O alcalde, que se mostróu moi cariñoso cos deportistas presentes, salientóu a vocación de apoio ó deporte do Concello de Caldas, mostrouse interesado polas actividades desenvolvidas polo club e animóu ós deportistas a seguir esforzandose para acadar éxitos que lles permitan participar nos Campionatos de España. Tamén recordóu boa impresión que lle causaron os nosos deportistas nas competicións de salvamento cada vez que tivo ocasión de asistir.


D. Manuel Rey recibe a distinción de mans de D. Javier Magariños.


jueves, 27 de diciembre de 2012

ADESTRAMENTO E ACTO VENRES 28 DECEMBRO

Este venres 28 de decembro, despóis do adestramento de Caldas (de 11 a 12.30 h) haberá un acto institucional do club, no que se fará entrega ó Concello de Caldas de Reis do recoñecemento concedido pola Fessga á institución que máis apoióu ó Salvamento acuático.
O acto terá lugar xusto despóis do adestramento (ás 13 h no Concello). Por iso a Xunta Directiva pídenos que fagamos o posible por acudir a ese adestramento para a continuación acompañalos ó Concello para facerlles a entrega. Xa que o apoio do Concello o salvamento na organización de competicións e campionatos e no ámbito económico e institucional durante todos estes anos se materializóu a través do club, gostaríanos contar con todos vos (tamén os deportistas da Estrada) provistos do chandal do club para apoiar un acto que é tamén de agradecemento.
Grazas a todos por asistir.

domingo, 23 de diciembre de 2012

EXTRAORDINARIA PRIMEIRA XORNADA DE MAIORES


O sábado 22 de decembro desputouse en Cerceda a primeira xornada da liga 2.012-13 para categorías  xuvenil, xunior e senior.
Volveuse a tratar de unha xornada moi intensa con probas pola mañá e pola tarde na que poidemos contar ca axuda do cadete Miguel Fariña para os relevos e só tivemos que votar de menos a Helena por unha indisposición de última hora.
Os siareiros do Umia
A pesar do longa e incómoda para deportistas e pais, a xornada foi un éxito, xa que a maior parte dos deportistas baixaron as súas marcas e varios conseguiron as marcas mínimas para participar nos Campionatos de España. Pero o máis extraordinario foi a consecución de tres récords galegos, que ademáis da marca constituiron un grandísimo expectáculo do que poidemos desfrutar os alí presentes:
Relevo récord 4 x 50 obst
Diegor récord 100 aletas
-       - O relevo de 4 x 50 m. Obstáculos xunior masculino formado por Dani, Samu, Fariña e Tino.
-       - Dani Suárez na proba de 100 m. Socorrista (récord xunior e récord absoluto)
-      -  Diego Cascallar na proba 100 m. Rescate aletas (récord absoluto)

Ademáis producíronse os seguintes resultados:
Na proba de 10º m. Sos:
-       Xuvenil Feminina: Irene Rivadulla: 1ª e mínima (1.16,47)
-       Mariña Magariños: 2ª
Xunior Masculina: 
Matías Rivadulla 1º e mínima (1,07,97)
Xunior feminina: Laura Mirás: 3ª
Xunior Masculina: Dani Suárez 1º, Mínima e récord xunior e absoluto (0,59,61)
Absoluta Masculina: Diego Cascallar: 3º
Alba xirando o manequín
Mariña clicando
Antía clicando
Na proba 200 m. Supersos:
Xuvenil feminina: Irene Rivadulla: 2º
Mariña Magariños: 3ª
Xuvenil masculina: Manuel Pereira 3º
Xunior masculina: Samuel Torres 2º
Tania xirando o manequín
Manuel combrobando
Na proba 100 m. Combinada:
Xuvenil feminina: Antía del Río: 3ª
Xuvenil masculina: Esteban Ferreiro 1º e mínima (1,27,53)
Xunior masculina: Dani Suárez: 3º
Dani en combinada
Na proba 100 m. Rescate Aletas:
Xuvenil feminina: Irene Rivadulla: 1ª e mínima (1,17,62)
Marina Magariños: 2ª
Xuvenil masculina: Matías Rivadulla: 2º e mínima (1,08,82)
Xunior feminina: Tania Gamallo 2ª
Xunior masculina: Manuel Fariña (0,59,90)
Absoluta masculina: Diego Cascallar: 1º, mínima e récord galego (56,89)
Na proba 50 m. Rescate:
Xuvenil masculina: Matías Rivadulla: mínima (39,57)
Xunior feminina: Tania Gamallo: 3ª e mínima (44,30)
Xunior masculina: Dani Suárez: 2º e mínima (35,26)
Tino Carou: 3º e mínima (35,51)
Absoluta feminina: Laura Mirás: 3ª
Absoluta masculina: Diego cascallar: 1º e mínima (0,33,58)
No relevo de 4 x 50 m. Obstáculos:
Xuvenil femenino: 2º
Xuvenil masculino: 2º
Xunior masculino: 1º e récord galego (1,56,47)
No relevo de 4 x 25 m. Remolque do maniquín:
Xunior femenino: 1º
Tino e Manuel

Entrada de Diego

Matías

Ademáis de estes resultados, debemos destacar as actuacións de Alba, Nerea, Laura Estévez, que a pesar de non poder adestrar con asiduidade, mantiveron un bo nivel. Tamén a David Suárez que non tivo uns resultados acordes co seu nivel nos adestramentos.
Noraboa a todos !!!

viernes, 21 de diciembre de 2012

LOTERÍA

Lembrade ingresar o importe do voso talonario de lotería (número de conta máis abaixo). É moi importante.


Moita sorte a todos !!!

jueves, 20 de diciembre de 2012

ADESTRAMENTOS VACACIÓNS DE NADAL

Durante as vacacións de nadal realizarase unha modificación nos horarios dos adestramentos. Quedarán do seguinte xeito:

A ESTRADA:

- Luns 24 de decembro: pequenos de 11 a 12 h. e maiores de 12 a 14 h.
- Mércores 26 de decembro: maiores ás 16 h. e pequenos ás 19 h.
- Xoves 27 de decembro: maiores ás 16 h.

CALDAS:

- Mércores 26 de decembro (todos) de 11 a 12.30 h.
- Venres 28 de decembro (todos) de 11 a 12.30 h.
- Mércores 2 de xaneiro (todos) de 11 a 12.30 h.
- Venres 4 de xaneiro (todos) de 11 a 12.30 h.

En decembro podedes asistir indistintamente a unha piscina ou outra. En xaneiro só haberá adestramentos en Caldas.
Xa vedes que se reducen os días, así que é moi importante que tratedes de asistir ós adestramentos que hai programados.

Os adestradores desexámosvos a todos un Feliz Nadal !!!

martes, 18 de diciembre de 2012

LOTERÍA

URXENTE !!

A todos os membros do club:

É preciso que ingresedes o importe da lotería antes do xoves día 20 de decembro na conta do club de Novagalicia Banco

Por favor, correde a voz para avisarnos uns a outros.

Grazas.

lunes, 17 de diciembre de 2012

PRIMEIRA XORNADA DE MAIORES (22-12-12)

Anunciámosvos que a primeira xornada da liga de augas pechadas para categorías xuvenil, xunior e senior desputarase o vindeiro sábado 22 de decembro en Cerceda (si, outra vez en Cerceda)

Xa que a competición se alongará mañá e tarde, o club concertóu o xantar no restaurante Tío Pepe (menú infantil 10 € e de adultos 11 €). Por suposto podedes comer en outro sitio, pero os que queirades comer alí (deportistas ou pais) debedes confirmarllo a Kati o mesmo sábado a primeira hora.

Lembramosvos que inscribiremos a todos os deportistas que tendes licencia esta temporada. Todos os deportistas realizaredes catro probas individuais. Reiteramos que se non podedes asistir, tendes a obriga de avisar ata o martes (último día que temos para facer as inscripcións) chamando á piscina de Caldas (986-54 08 31)

Como sempre, o quecemento será ás 9.00 e a competición empezará ás 10.00 h. Ás 9.30 h. hai que confirmar as asistencias ou dar as baixas da competición. Se non déramos de baixa a un deportista e logo non chegara á primeira proba, xa non podería participar en ningunha outra. Por tanto é preciso estar na piscina antes das 9.20 h.

Os pequenos tedes adestramento en Caldas

domingo, 16 de diciembre de 2012

RESULTADOS PRIMEIRA XORNADA PEQUENOS

O sábado 15 de decembro desputouse en Cerceda a primeira xornada da Liga Galega para categorías alevín infantil e cadete. Foi unha xornada intensa (especialmente para os pais e familiares) que que se prolongóu durante a mañá e a tarde e que nos obrigóu a comer en Cerceda (o cal foi un pracer)

Participaron 17 deportistas pero votamos de menos a Antía a Enara, a Joel, a Cristina e a Andrea. Como xa participáramos no encorntro Aecsa de Carballo os nervios foron menores e desfrutamos máis das probas.

Algúns deportistas xa acadaron as marcas mínimas para participat nos campionatos de España. Os resultados máis importantes foron:

- Marta Troitiño: (alevín feminina) 3ª en 50 m. obstáculos e marca mínima (47.30) e 5ª en 50 Rescate do manequín con aletas e mínima (38.07)

- Ainoa Carracedo (alevín feminina) 4ª en 50 m. obstáculos e mínima (47.79) e 1ª en 50 Rescate do manequín con aletas e mínima (35.43)

- Equipo Alevín feminino: 2º en 4 x 25 m. obstáculos e 2º en 4 x 25 m. natación con aletas.

- Miguel Fariña (cadete masculino): 2º en 50 m. rescate manequín con aletas e mínima (33.88), 3ª en 150 m. obstáculos, e 1º en 75 m. combinada e mínima (1.01.85)

despóis do quecemento

entrada excelente de Ángela

Aldara

Planta de campión

somos amigas...

Alba poñendo as aletas

Equipo

Relevo manequín

chegada da combinada

Mínima !!!

Esperando...

Nervios ?

Ana saíndo do obstáculo

Que acabe axiña !

Mariña oficial coach partner

Celeste

Relevo nado aletas

viernes, 14 de diciembre de 2012

COMPETICIÓN E ADESTRAMENTOS 14-12-12

Este sábado participaremos na primeira xornada da Liga 2.012-13 en Cerceda. Chamamos a vosa atención sobre varias cousas:

- O quecemento é as 9.00 h e o comenzo da competición será ás 10.00 h. Todos os deportistas do club teremos que estar na piscina ás 9.20 h. como límite, xa que ás 9.30 h. temos que confirmar a asistencias dos deportistas ou dar as baixas.

- Kati concertóu co restaurante Tio Pepe un xantar. O prezo do menú é de 10 € (para deportistas ou pais) Os que queiramos acudir debemos falar con ela para confirmar a reserva.

Lembramosvos que este sábado haberá adestramento de maiores en Caldas. Se o calendario non se modifica, cando haia competicións de maiores, os pequenos terán adestramento.


lunes, 10 de diciembre de 2012

PRIMEIRA XORNADA DA LIGA 2012-13

O vindeiro sábado 5 de decembro desputarase en Cerceda a primeira xornada da liga galega de Salvamento Acuático.
Como xa sabedes, esta temporada só haberá duas xornadas de ligas de augas pechadas e duas de augas abertas, pero que se prolongarán durante a mañá e a tarde.
Os deportistas de categoría alevín realizarán duas probas individuais e os infantís e cadetes tres. Ademáis realizaranse as probas de equipos.

Lembramos a importancia de que no caso de que non podades participar na competición, avisedes ata o martes 11 chamando á piscina de Caldas. En caso contrario estaredes inscritos e contaremos con vos para as probas individuais e os relevos. De estar inscritos e non participar o club recibirá sancións por realizar inscripcións incorrectas.

Os xuveniles, xuniors e seniors desputarán a súa primeira xornada o sábado 22 de decembro.

domingo, 9 de diciembre de 2012

O PRESISENTE XA TEN CARNÉ

Comunicase a todos os socios a importante nova de que D. Javier Magariños Alende, presidente do club, ven de acadar un novo carné.
Ata o momento o noso presidente era poseedor de numerosos carnés, coma o carné do partido, o carné da peña celtista de Moraña, o carné de socorrista, o carné de mariscador, o carné de protección civil, ou o carné de manipulador de alimentos.
A todos estes agora suma un novo, que parecíamos desexar todos os socios máis que el mesmo: o carné de conducir vehículos automóbiles.
Noraboa Presidente !!!

domingo, 2 de diciembre de 2012

CEA E RECOÑECEMENTOS FESSGA

Este sábado día 1 de decembro, coincidindo co Congreso Internacional de Salvamento e ca Xornada de augas pechadas Aecsa para categorías infantil e cadete, celebrouse en Carballo a Cea anual da Fessga, que este ano ademáis de incluir os recoñecememtos ós mellores deportistas de cada categoría da temporada 2011-12, concedeu os premios con motivo dos 15 anos de refundación da Fessga.
A cea celebrouse no Hotel Punta del Este.

O presidente co mellor árbitro

Os premios entregados ós membros do club foron:

- Dani Suárez foi recoñecido como mellor deportista da categoría xuvenil masculina da temporada 2.011-12 e recolleu unha placa e un agasallo conmemorativo.

David acompañando a Dani

Pais orgullosos

- Durante a cea tamén se entregaron premios do circuito Aecsa da pasada temporada. Antía Domínguez acadóu o segundo posto na categoría cadete feminina. En este caso levouse un agasallo "en efectivo": Un par de aletas de fibra.

- En canto ós premios dos 15 anos da Fessga o club Umia estaba entre os tres nominados na categoría de mellor club de esta época. Finalmente o premio foi para o club Sapo.

- Un premio importante relacionado co noso club foi o concedido á institución que mellor colaborou co Salvamento en Galicia que lle foi concedido ó Concello de Caldas de Reis polo seu apoio ó Club Umia e ó Salvamento galego en xeral. Tamén debemos salientar o premio ó mellor árbitro concedido a Carlos Rey, exdeportista e exadestrador do noso club.

Na foto de esda. a dta.: Rubén Fdez (cas aletas de Antía), Javier Magariños (que recolléu e mostra a placa de recoñecemento ó Concello de Caldas), Silvia Seoane (co seu recoñecemento á mellor traxectoria deportiva), Carlos Rey (co seu ó mellora árbitro) e Xavi Calvo (cas mans no lombo)

COMPETICIÓN AECSA

Este sábado 1 de decembro desputouse na Piscina de Carballo a primeira competición da temporada. En este caso non se tratóu de unha proba da Fessga senón de unha proba organizada por AECSA só para categorías infantil e cadete. A xornada fíxose un pouco longa pola asistencia de un elevado número de participantes.
Finalmente tamén poideron participar deportistas de categoría alevín, así que moitos deportistas do noso club participaron por primeira vez en unha competición de salvamento.
A pesar do precipitado da convocatoria, dos nervios iniciais, e de facer probas de unha categoría superior os máis pequenos realizaron un papel extraordinario.
O resultado máis destacado da xornada foi o primeiro posto de Antía García Silva na proba de 50 m. Rescate do manequín con aletas.