domingo, 22 de diciembre de 2013

BOS RESULTADOS NA TERCEIRA XORNADA

O domingo 22 de decembro desputouse en Cerceda a terceira xornada da liga galega de augas pechadas da temporada 2.013-14.
Estivemos un pouco apretados pero pagóu a pena: volvemos a encabezar a clasificación de clubs ó sumar un total de 944 puntos entre pequeños e maiores. Ademáis tamén acadamos algunhas marcas mínimas para participar nos campionatos de España. Un bo xeito de empezar as vacacións.





Na xornada de mañá acadamos a terceira posición sumando 312 puntos entre as tres categorías e quedando en primeira posición nas categorías alevín e cadete. Primeira competición para Sofía.
Destacaron os seguintes resultados:
- 50 m. Obstáculos alevín: Marta Troitiño primeira e Oscar García cuarto.
- 25 m. Rescate do manequín infantil: Ainoa festexóu o seu cumpreanos quedando segunda. Aldara e Nico foron terceiros.
- En equipos: en 4x50 m. nado con aletas, as infantiles femininas terceiras e cuartas respectivamente  e o masculino terceiro e en 4x25 m. obstáculos, as alevíns foron segundas e os alevíns terceiros.













Na xornada de tarde, a pesar do altísimo nivel de participación e de resultados de  moitos clubs, o Umia volvéu a ser primeiro tras sumar 632 puntos e encabezando a clasificación nas categorías xuvenil e xunior.
Debutaron co club Ana Abal e Diana Outeda, que pasaron a súa proba de lume acabando na súa primeira participación a proba combinada.


Os resultados máis destacados foron:
- 200 m. Obstáculos: Antía del Río terceira e Esteban e Matías terceiro e cuarto respectivamente en xuvenil. Mariña Magariños terceira e Dani Suárez primeiro en xunior.
- 100 m. manequín aletas: Antía García primeira, Irene Rivadulla segunda e Esteban primeiro en xuvenil. Tania Gamallo segunda e Dani Suárez primeiro en xunior e Manuel Fariña cuarto en senior.
- 100 m. Combinada : Antía García segunda, Irene Rivadulla terceira e Matías primeiro en xuvenil. Mariña Magariños segunda en xunior. Laura Mirás cuarta en senior.
No relevo 4 x 25 m. arrastre do manequín, os relevso xuveniles feminino e masculino foron primeiros. O xunior feminino segundo e o xunior masculino primeiro. o senior masculino foi cuarto.









sábado, 21 de diciembre de 2013

ADESTRAMENTOS VACACIÓNS DE NADAL

Os adestramentos durante as vacacións de nadal serán os seguintes días:

- LUNS 23: En Caldas de 11 a 12.30 h. e na Estrada ás 16 h. e ás 19 h.
- XOVES 26: En Caldas de 11 a 12.45 h. (levar zapatillas e roupa deportiva)
- LUNS 30: En Caldas de 11 a 12.45 h
- XOVES 2: En Caldas de 12 h a 13.45 h. (levar zapatillas e roupa deportiva)

A partir do mércores 8 de xaneiro os adestramentos recuperan os horarios habituais.

miércoles, 18 de diciembre de 2013

SÁBADO 21 NON HAI ADESTRAMENTO

Este sábado 21 de decembro non haberá o adestramento habitual na piscina de Caldas.
Ó último adestramento antes da competición de Cerceda será o xoves 19.

viernes, 13 de diciembre de 2013

TERCEIRA XORNADA - CERCEDA

O vindeiro domingo 22 de decembro desputarase a terceira xornada da Liga galega de augas pechadas. A sede será Cerceda, que como sabedes trocóu a organización da súa xornada ca cuarta, que se pasará a desputarse en Arteixo.
As probas a desputar son:
- Categoría Alevín: 50 obstáculos e o relevo 4 x 25 m. obstáculos.
- Categoría Infantil: 25 m. rescate do manequín e o relevo de 4 x 50 m. nado con aletas.
- Categoría cadete: 75 m. combinada e o relevo de 4 x 50 m. nado con aletas.
- Categorías xuvenil, xunior e senior: 200 obstáculos, 100 m. rescate con aletas e 100 m. combinada e o relevo de 4 x 25 m. remolque do manequín.
O quecemento na xornada de mañá é:
- 8.40 h.: Infantís e cadetes.
- 9.30 h. alevíns.
Na xornada de tarde:
- 15.30 h.; xuvenís, xuniors e seniors.
Este sábado 14 é o último adestramento conxunto na piscina de Caldas antes de esta xornada. É importante a asistencia.
Se algún deportista non pode acudir á competición, debe avisar ós adestradores antes do luns 16 para non ser inscrito e que o club non teña que pagar polos seus dereitos de participación na xornada. Se despóis de esta data calquera circunstancia vos impide acudir, deberedes avisar de todos xeitos para poder dar a baixa na competición.

jueves, 5 de diciembre de 2013

ADESTRAMENTO NA PONTE DE DECEMBRO

Recordade que ó vindeiro sábado 7 de decembro hai adestramento en Caldas no horario habitual (12.00 h)
Se non abandonaches a cidade contamos contigo !

domingo, 1 de diciembre de 2013

CEA ANUAL DA FESSGA

O sábado 30 de novembro, despóis da desputa da segunda xornada da Liga, celebrouse en Carballo a cea anual da Fessga, na que se entregaron os recoñecementos ó mellor club e ós mellores deportistas da pasada temporada 2.012-13.
A federación destinguíu a Ainoa Carracedo como mellor deportista da temporada na categoría alevín femenina e a Miguel Fariña na categoría cadete masculina.
Ademáis tivo unha distinción especial a Dani Suárez, que xunto con Crichi García, foron os únicos socorristas considerados pola Xunta de Galicia como deportistas galegos de alto nivel.
Os deportistas premiados estiveron acompañados por familiares, directiva e outros compañeiros e membros do club.
Mesa con acompañantes do club

Mariña, Laura e Ainoa

Ainoa recibindo o recoñecemento

Miguel con Dna. Nuria Rodríguez

Dani con Crichi e Nuria

SEGUNDA XORNADA DA LIGA DE AUGAS PECHADAS

O día 30 de novembro desputouse en Carballo a segunda xornada da Liga Galega de augas pechadas.
Con algunhas baixas de última hora, os deportistas do Umia desprazámonos a Carballo tras un importante madrugón.
Na xornada de mañá, os pequenos amosaron a sua evolución na técnica e melloraron sensiblemente os seus tempos. Tivemos algunhas descalificacións froito dos nervos e do rigor arbitral. Finalmente acadamos a cuarta posición na suma de puntos das tres categorías (277).

Os resultados máis importantes acadados foron:
- Marta Troitiño primeira e Mariña Rivadulla segunda alevín feminina e Oscar García segundo alevín masculino en 50 m. Rescate do manequín con aletas.
- O equipo infantil masculino acadóu a segunda posición no relevo 4 x 12,5 m. Remolque do manequín.
- O equipo alevín masculino quedó primeiro no relevo 4 x 50 m. natación con aletas.






Pola tarde os maiores temén ofreceron diversidade nos resultados, a pesar do cal acadamos a primeira posición sumando os puntos acadados nas tres categorías (563).
Varios deportistas do noso club estiveron entre os mellores das súas respectivas clasificacións:
- Na proba 100 m. Socorrista, Irene Rivadulla cuarta en xuveil femenina, Matías Rivadulla segundo e Esteban Ferreiro cuarto en xuvenil masculino, Mariña Magariños segunda en xunior feminina, Dani Suárez primeiro en xunior masculino, Laura Mirás cuarta en senior feminina e Alex Porto terceiro seior masculino.
- Na proba 50 m. Rescate do manequín, Antía García quedóu primeira na categoría xuvenil feminina, Esteban Ferreiro segundo na xuvenil masculina, Tania Gamallo segunda xunior feminina, Daniel Suárez primeiro xunior masculino e Laura Mirás terceira senior feminina.
- Na proba 200 m. Supersocorrista Matías quedóu primeiro da categoría xuvenil masculina e Mariña Magariños e Carla López quedaron primeira e segunda respectivamente na categoría xunior feminina.
- No relevo de 4 x 50 m. con flopi, os equipos xuvenil feminino e masculino quedaron primeiros, o senior feminino foi segundo e o senior masculino quedóu terceiro.