domingo, 30 de octubre de 2011

PRIMEIRA XORNADA DE LIGA 2011-12 (ARTEIXO, 6-11-11)

Queremos lembrarvos algunhas normas para as competicións de esta temporada:

- Todos os deportistas debemos participar en todas as probas.
- Debemos chegar á piscina con tempo suficiente para realizar o quecemento con todo o grupo. En todo caso sempre antes das 9.30 h. pola mañá e das 16.00 h. pola tarde, (hora límite para comunicar as posibles baixas).
- Para tratar de mellorar a organización das diferentes competicións, os clubs comprometémonos a colaborar co club organizador en calquera cousa que poidan precisar (cronometrar, colocar manequíns, etc.), polo que os que poidades votar unha man, comunicádeo ós adestradores.
- Ó igual que no resto das competicións de esta temporada haberá cámara de saídas. Deberemos estar en ela duas series antes da nosa e mostrarnos atentos ás indicacións dos organizadores.
- Ademáis, comunícannos que na competición do ano pasado en Arteixo, os vestiarios quedaron moi sucios e lixo e comida por toda a instalación. Así que por indicacións da empresa, non se poderá pasar á instalación con comida. Ademáis pídennos que para aproveitar mellor o pouco espazo do que se dispón, será preciso que todos utilicemos as taquillas e non levemos as mochilas para a nave do vaso.
- En xeral debemos mostrar unha actitude respectuosa durante toda a competición: Silencio nas saídas, ocupar o noso lugar cando non compitamos, etc.

Lembrade que ser un bo deportista é moito máis que ser bo competidor...

miércoles, 19 de octubre de 2011

Informe Asamblea CAUmia 30/09/2011

INFORME ASAMBLEA UMIA 30-09-11

martes, 18 de octubre de 2011

DOCUMENTACIÓN LICENCIAS

URXENTE !!

Lembramos a todos os deportistas da necesidade de entregar a documentación para a renovación da Licencia Federativa Anual.
Para elo hai que entregar a ficha federativa cuberta (pódese descargar da páxina da Fessga), unha fotocopia do dni (se aínda non se ten, do libro de familia) e unha foto actualizada con nome e o club escrito por detrás. Esta documentación xuntarase con un clip.
Debe ser entregada ós adestradores na Estrada ou en Caldas antes do xoves 20 de outubro ás 19.00 h.
Según as normas da Fessga os que non entreguen a documentación en este prazo non poderán participar na primeira xornada de liga.

MOI IMPORTANTE !!

sábado, 8 de octubre de 2011

Unha boa primeira semana de entrenos

Despois de haber rematado a primeira semana de entrenos, os adestradores queremos felicitar a todolos deportistas do clube, xa que foi unha moi boa primera semana de entrenos, tanto no aspecto fisico como actitudinal, o que se agradece enormemente.

Esperamos que esta entrega dos nosos deportistas siga por este camiño, o que de seguro dará os froitos de cara ás competicións.

Animo a todos!!!

domingo, 2 de octubre de 2011

NORMAS TEMPORADA 2.011-12

As normas adoptadas que deben observar todos os deportistas do club son resumidamente as seguintes:
- Ser moi puntuais nos adestramentos e nas competicións. Á hora sinalada para o comenzo da actividade hai que estar xa mudados e duchados para comenzar.
- Reducir ó máximo o tempo de paso polos vestiarios, tanto ó entrar como ó sair dos adestramentos.
- É obrigatoria a praticipación en todas as competicións e en todas as probas. Se por algunha causa moi xustificada non se poidera participar, é preciso avisar antes do mércores ás 13 h. da semana da competición. O único xeito de avisar é chamar á piscina de Caldas (Tfno. 986-54 08 31) e deixar o recado.
- O Club asumíu o compromiso de acudir con aqueles que acaden as marcas mínimas de acudir ós Campionatos de España das diferentes categorías. Para acadar este obxectivo solicítase compromiso a todos e anunciase que se tomarán medidas disciplinarias con aqueles que non observen un comportamento axeitado ou entorpezan o traballo dos compañeiros.
- Esta temporada dispoñerase de unha hora máis na Piscina da Estrada. Todos os deportistas que non teñan clase polas tardes deberán acudir obrigatoriamente ós adestramentos das 16.00 h. (luns, mércores e xoves) deixando o horario das 19.00 h. (luns e mércores) para os deportistas que teñen clases polas tardes (Colexio Lourdes)
-Recordase a todos a importancia de participar nos adestramentos conxuntos dos sábados ás 12.00 h. na Piscina de Caldas.

Desexamos que teñades unha boa temporada.

Os adestradores.

INFORME DA ASAMBLEA XERAL DO 30-09-11

A primeira Asamblea Xeral de Socios do Club Umia da temporada 2.011-12 celebrouse na Biblioteca Municipal de Moraña. Dispoñedes de un documento en pdf que recolle un resume do exposto e acordado a xeito de acta.