Este sábado 30 de novembro desputarase a segunda xornada da Liga Galega de Salvamento en Augas Pechadas. En esta ocasión tamén participarán os deportistas de categoría alevín.
A orde das probas será a seguinte:
XORNADA DE MAÑÁ:
Quecemento:
Categoría alevín: de 8.30 a 9.15 h.
Categorías infantil e cadete: de 9.15 a 9.55 h.
1.- 50 socorrista.(Cat. Infantil)
2.- 50 resc manequi est. aletas.(Cat. Alevín)
3.- 50 rescate de manequí (Cat. Cadete).
4.- 4x12,5 arrastre manequí.(Cate. Infantil e Cadete)
5.- 4x50 nado con aletas (Categoría Alevín.)
6.- 100 supersocorrista.(Categoría Cadete)
XORNADA DE TARDE:
Quecemento:
Todas as categorías : de 15.30 a 16.25 h
1.- 100 Socorrista (xuv-xun-sen)
2.- 50 rescate menequí (xuv-xun-sen)
3.- 200 supersocorrista (xuv-xun-sen)
4.- 4x50 relev. de tubo (xuv-xun-sen)
Pola noite, tamén en Carballo, celebrarase a cea anual da Federación na que se entregarán os recoñecementos a mellores deportistas e mellor club da temporada pasada.
viernes, 29 de noviembre de 2013
viernes, 15 de noviembre de 2013
CEA ANUAL DA FESSGA
A Fessga vai organizar a tradicional cea anual o vindeiro sábado 30 de novembro en Carballo. En ela premiarase ós mellores deportistas e ó mellor club da temporada 2.012-2013.
O lugar de celebración será o hotel Punta del Este ás 22.00 horas e o prezo é de 25 € para adultos e 15 € para nenos.
Esta cea coincide o mesmo día da desputa da segunda xornada da liga de augas abertas, que tamén se realizará en Carballo.
A xunta directiva do club conseguíu as seguintes ofertas de aloxamento para aqueles que ademáis de cear queirades quedar a durmir no hotel:
- Habitación dobre: 45 € + 10% IVE
- Habitación triple (matrimonio con supletoria ou 3 camas): 61 € + 10 % IVE
- Habitación cuádruple (matrimonio con 2 supletorias): 77 € + 10 % IVE
A directiva realizará unha reserva conxunta para aqueles que confirmedes antes do martes 19. (Se queredes reservar cea tendes que especificar cantos adultos e cantos nenos ides e se queredes reservar hotel, tendes que indicar o tipo de habitación que queredes)
É moi importante que o fagades antes do día 19, porque pode haber limitacións no hotel. Os que non queirades facelo co club, poderedes facelo máis adiante pola vosa conta se aínda hai prazas.

domingo, 10 de noviembre de 2013
ÉXITO NA PRIMEIRA XORNADA DA LIGA
O sábado 9 de novembro desputouse en Caldas a primeira xornada da Liga Galega de augas pechadas da temporada 2.013-14 organizada polo noso club.
A xornada supuxo un importante éxito para o noso club en diferentes aspectos:
- No social: O club volvéu demostrar a súa capacidade organizativa facendo que a xornada fora perfecta a pesar de contar ca presenza de un número récord de participantes. Este éxito foi posible grazas ós esforzos da directiva e á implicación de todos os estamentos do club (pais, deportistas, adestradores e simpatizantes) que axudaron na preparación da piscina para a competición, na intendencia do día, cámara de saídas, colocación do material durante as probas, documentación gráfica, ou recollendo e limpando a instalación unha vez finalizada a competición.
Así mesmo trece membros do club, entre deportistas e pais, realizaron o venres o curso de xuiz cronometrador, e fixeron as prácticas oficiais en esta primeira xornada, co cal poderán colaborar en competicións sucesivas como cronometradores. A adquisición de esta titulación axudará a elevar o nivel técnico e organizativo nas competicións.
No deportivo: Debemos destacar en primeiro lugar a gran actuación dos deportistas para os que a de onte foi a primeira competición. Os nervios iniciais (algúns de toda a noite) mudaron en satisfacción despóis de unha gran actuación. Tamén a estupenda adaptación ás novas distancias dos deportistas que cambiaron de categoría.
Podemos destacar os resultados acados por Enrique López (primeiro infantil), Ángela Cabalar e Ainoa Carracedo (segunda e cuarta infantís), Irene Rivadulla (segunda xuvenil), Tania Gamallo e Mariña Magariños (segunda e cuarta xuniors), Dani Suárez (primeiro xunior que ademáis nos regalóu un espectacular récord en 100 rescate aletas), ou Laura Mirás (segunda senior)
Os puntos acadados por eles e por todos os demáis compoñentes do club nas probas individuais e de equipos de todas as categorías (923), permítennos colocarnos na primeira posición provisional de clubs de esta temporada.
Noraboa a todos !!!
Algunhas fotos:

lunes, 4 de noviembre de 2013
PRIMEIRA XORNADA DA LIGA
Este sábado día 9 de novembro o noso club organiza a primeira xornada da Liga Galega da temporada 2.013-14.
Como sempre aspiramos a facer unha boa organización entre todos. Contamos con moitos de vos, que xa vos anotáchedes para axudar en diferentes tarefas organizativas para que todo saia ben.
En canto á organización puramente deportiva, recordade que é moi importante ser rigurosos na participación:
- En esta e en todas as competicións da temporada, todos os deportistas do club ides ser inscritos para participar.
Só en caso de que por algunha razón non poidades acudir, debedes avisar persoalmente chamando ó tfno da piscina de Caldas (986 54 08 31) antes do martes da semana da competición. (no caso dos Campionatos galegos debe facerse ata o sábado anterior)
Lembrade a importancia de cumplir esta norma, xa que a nosa participación pode condicionar a de outros compañeiros nas probas de equipos e ademáis cada inscripción que ó club realiza ten un custe económico, que en caso de non asistir se perdería.
- Ser puntuáis: os pequenos debedes chegar á instalación antes das 9.15 h e os maiores antes das 15.45 h. Xa que as baixas de última hora deben comunicarse media hora antes de empezar a competición, e se non chegades a esa hora teremos que darvos de baixa. Ademáis é importante ter tempo para quentar.
CURSO XUIZ CRONO
Para facilitar a inscripción das persoas que ides facer o curso de xuiz cronometrador, e non ter que enviar toda a documentación antes do curso, todos os membros do club poderemos facela conxuntamente.
Para iso o mesmo venres debedes levar:
- Unha fotocopia do DNI.
- unha foto tamaño carné.
- 35 € (en algún caso poden ser 30, pero inicialmente levade 35)
Dende a directiva proporcionaranvos unha fotocopia do modelo de inscripción para cubrir alí mesmo. Posteriormente realizarán o ingreso conxunto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)