domingo, 13 de mayo de 2012

CAMPIONATOS GALEGOS AUGAS ABERTAS

Lembramos que os campionatos Galegos de Augas Abertas de maiores desputaranse cas novas probas do calendario RFESS.
No Campionato xuvenil e xunior desputaranse as probas de bandeiras, correr-nadar-correr, carreira con tabla, rescate con tabla e rescate con flopi, aínda que durante as xornadas de liga estemos a desputar probas distintas.
O campionato absoluto seguramente será aberto, polo tanto poderán participar deportistas xuvenís xuniors, seniors e seguramente deportistas de outras autonomías ou incluso países.

TERCEIRA XORNADA AUGAS ABERTAS

A terceira xornada da Liga Galega de Augas Abertas adiantará a súa data para desputarse o vindeiro sábado 19 de maio na praia de Sabón (Arteixo)
A competición estará organizada polo club Salvar.

miércoles, 9 de mayo de 2012

EXITOSA II XORNADA DE AUGAS ABERTAS

O pasado sábado 5 de maio disputouse a segunda xornada de augas abertas cun balance moi positivo para os nosos deportistas.



Carreira con táboa.

En categorías inferiores Matías Rivadulla e Antía del Río foron sendos gañadores da categoría cadete.

Rescate con táboa

En cadete masculino o Umia 1 (Matías Rivadulla e Estéban Ferreiro) foron os dominadores da proba, mentres que o Umia 2 (Miguel Fariña e Joel Iglesias) conseguiron un valioso 3 posto.
En cadete feminino Antía del Rio e Andrea Pérez tamén acabaron terceiras.

Xuvenil

Daniel Suárez alzouse na 1 posicion cunha sufrida victoria frente Alejandro González (SASA).
No relevo o Umia 1 formado por Daniel Suárez e Manuel Pereira tamen conseguiron o triunfo.

Xunior

Nuria García foi a única nesta categoría que acadou un resultado positivo, un 3 posto. Outra vez un contratempo para Manuel Fariña que lle impediu estar nos postos de cabeza.

No relevo Umia 1 (Nuria García e Nerea López) 2 posto. Umia 2 (Tania Gamallo e Paula Otero) 3 posto.

Senior

Laura Mirás volveu a reinvindicar o seu posto na Selección Galega con outra victoria en Táboa.
No relevo Umia 1 (Laura Mirás e Laura Crespo) acadaron un 2 posto.

Meritoria tamén a actuación do debutante Daniel Casas cun 5 posto, xusto por detrás de Xavier Calvo ao que unha caida lle impediu estar na pomada.

A seguir luitando...