viernes, 28 de junio de 2013

ADESTRAMENTOS XULLO

Despóis dos Campionatos Galegos por categorías, que deixaron na maioría de nos moitas gañas de competición, e de esta semana de descanso, que desexamos resultara fructífera para todos, esperamos que vos atopedes con moitas gañas de adestrar.
Dispoñemos de catro semanas para preparar os Campionatos Galegos absolutos. Xa que a maioría estamos de vacacións, realizaremos cinco días de adestramento semanais. 
O horario de adestramentos é o seguinte:

- Caldas: luns e mércores ás 11.45 h
- A Estrada: martes e xoves ás 11 h.
- Ademáis realizarase un adestramento en praia (normalmente Montalvo) que poderá ser o venres ou o sábado.

Os adestramentos están deseñados para complementar os de Caldas cos da Estrada. Esperamos que vos animedes a desprazarvos a todos os adestramentos, xa que ese esforzo permitiranos preparar con rigor todas as probas.

Ánimo !!!

domingo, 23 de junio de 2013

ADESTRAMENTOS SEMANA DO 24 Ó 30 DE XUÑO

Rematados os campionatos galegos por categorías, dispoñémonos a preparar as duas competicións que restan en esta temporada:
- O Campionato Galego Absoluto dos días 27 e 28 de xullo.
- A Terceira Ronda Aecsa do día 24 de agosto na Coruña.

A vindeira semana comunicaremos os horarios de adestramento do mes de xullo, para os deportistas xuveniles, xunior e senior que queirades preparar con rigor esas competicións.

Para esta vindeira semana de transición (do 24 ó 30 de xuño) establecense dous adestramentos en Caldas o martes 25 e o xoves 27 ás 11.30 h. En estes adestramentos ós que debedes traer material de piscina e de seco, podedes participar tamén os deportistas de categorías infantil e cadete.

sábado, 22 de junio de 2013

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL XUNIOR 22-06-13 CAIÓN

O sábado 22 de xuño desputouse o Campionato Galego en augas abertas para categorías xuvenil e xunior na praia de Caión.
Tampouco esta vez poidemos desfrutar de un día soleado, pero houbo bastante mar con ondas bastante grandes.
Unha incidencia ca embarcación pneumática de seguridade conlevóu a decisión de suspender a competición cando a penas se levaban desputado a mitade das probas. Na categoría masculina realizáronse as probas de carreira con tabla, rescate con tabla e bandeiras, mentras que as mozas só poideron realizar a proba de bandeiras.
En canto a resultados, Esteban en carreira con tabla, e Manuel e Dani en rescate con tabla acadaron cadansúa medalla de prata, e a desvirtuada clasificación final deparóu o terceiro posto na categoría xunior.

Algunhas fotos...




























viernes, 21 de junio de 2013

LAURA MIRÁS CONVOCADA PARA COMPETIR EN ALICANTE

A deportista de categoría absoluta Laura Mirás foi convocada pola Fessga para participar na Primeira Ronda do circuito nacional Oceanman 2013 que se desputará o sábado 22 e o domingo 23 en El Campello, Alicante.

CAMPIONATO GALEGO AUGAS ABERTAS XUVENIL-XUNIOR

Mañá sábado desputarase o Campionato Galego en augas abertas para categorías xuvenil e xunior na praia de Caión.
Debemos estar antes das 9.30 h. na praia. Se se retrasa ou ten algún problema, chamade a Xavi ou Alex para poder xestionar as baixas.

Vémonos en Caión

domingo, 16 de junio de 2013

ADESTRAMENTOS SEMANA DO 17 Ó 23 DE XUÑO

Os adestramentos da próxima semana seguen cos horarios habituais da Estrada e Caldas para os deportistas de todas as categorías.
Tamén continúan os das categorías alevín, infanti e cadete que veñen de competir nos Campionatos Galegos

TERCEIRA XORNADA SENIOR 16-06-13 PEDRA DO SAL

O domingo 16 de xuño desputouse na praia da Pedra do Sal a terceira xornada da Liga Galega de augas abertas só para categoría senior.
Unha competición que se desputóu en familia, con ceo anubado, amenaza de choiva, con boa temperatura da auga e boas ondas.
Laura Mirás estivo inmensa acadando 60 puntos ó gañar as suas tres probas, ademais de deleitarnos co mellor surfeo de ondas grandes co ski que quizáis teñamos visto. Espectacular ! (lástima que non o poideramos filmar)
David, Gustavo e Xavi tamén competiron.
Algunhas fotos...
Empezamos?

Laura-bandeiras

Imperando

Bandeiras

Poucos pero intensos

David entrada

David saída

Gus saída

David-Gus

Entrada con tabla

saída con tabla

Laura-Tabla

Saída con tabla

O que faga falta !

Rescate con tabla

Apoiando


MÁIS FOTOS DE ÉZARO

Algunhas fotos dos podios e cas medallas...
Podio nadar surf

Podio bandeiras

Mirade que chulas

Podio rescate con flopi

Medallistas

Campión Galego Cadete

Campión e adestrador