miércoles, 30 de enero de 2013

ANORAKS

A directiva do club xa dispón de uns novos anoraks. Este sábado levaranse ó adestramento de Caldas para que todos os deportistas os poidan probar e elexir correctamente a talla.
É moi importante que asistamos todos para (ademáis de adestrar) poder dispoñer da prenda axeitada.

martes, 29 de enero de 2013

MÁXIMA PRESENCIA NA SEGUNDA XORNADA DE MAIORES


A participación en esta segunda xornada foi total. Estivemos todos. Algúns facendo un esforzo especial. 

A xornada volveu facerse moi longa e acabamos moi tarde (tanto que algúns se perderon unha espectacular proba de 100 m. Aletas) pero acadaronse importantes resultados: Oito deportistas acadaron mínimas para os Campionatos de España e na suma de puntos quedamos segundos.


Os resultados máis importantes foron: 
- IRENE RIVADULLA: 1ª 200 OBSTÁCULOS, 1ª 200 SUPERSOS e mínima. 3ª 100M COMBINADA
- MARIÑA MAGARIÑOS: 1ª 100 SOS, 3ª 200 OBSTÁCULOS
- ANTÍA DEL RÍO: 3ª 50 M ARRASTRE MANIQUÍ e mínima. 3ª 100 M MANIQUÍ ALETAS, 2ª 200 SUPERSOS
- MATÍAS RIVADULLA: 1º 200 OBSTÁCULOS e mínima. 1º 100 M COMBINADA e mínima, 1º 200 SUPERSOS e mínima.
- ESTEBAN FERREIRO: 2º 200 SUPERSOS, 1º 100 M MANEQUÍN ALETAS e mínima, 1º 50 M ARRASTRE MANEQUÍN e mínima.
- TANIA GAMALLO: 2ª 200 SUPERSOS, 3ª 100 M ALETAS e mínima
- DANIEL SUÁREZ: 3º 200 OBSTÁCULOS e mínima, 2º 100 M MANEQUÍN ALETAS e mínima, 1º 200 SUPERSOS e mínima, 3º 50 M ARRASTRE MANEQUÍN e mínima.
- MANUEL FARIÑA: 2º 200 SUPERSOS, 3º 100 M MANEQUÍN ALETAS e mínima.
- TINO CAROU: 3º 100 SOS
- LAURA MIRÁS 3ª 100 SOS e  2ª 200 SUPERSOS
- DIEGO CASCALLAR: 2º 100 SOS, 2º 50 M ARRASTRE MANEQUÍN e mínima
- DAVID SUÁREZ: 2º 100 M MANEQUÍN ALETAS

3º CLASIFICADO JUNIOR MASCULINO CORDA
1º CLASIFICADO ABSOLUTO FEMENINO CORDA

A falta de desputar os Campionatos Galegos dous deportistas (Matías e Dani) xa acadaron todas as mínimas nas probas individuais para participar nos Campionatos de España.

David Suarez volveu facer un grandísimo tempo na proba de 100. aletas, Manuel Fariña, mantivo un excelente nivel nas súas probas a pesar das limitacións para adestrar. Tino aguntóu o tirón a pesar de non poder adestrar dende hai moito tempo.
Nerea fixo un gran esforzo para competir mantendo un bo nivel e Laura Estévez fixo unha gran aportación.
Faider reaparecéu recuperado da súa longa lesión e volveu estar con nos para sumar puntos para o club.
























viernes, 25 de enero de 2013

MARABILLA ARQUITECTÓNICO-CULINARIA

Aínda que xa pasaron uns días, non debíamos deixar de poñer unhas fotos de esta auténtica marabilla de tarta que recibíu Alex polo seu cumpleanos.


Se o sabor estaba á altura da presentación debeu ser unha delicia absoluta.

A artística reposteira é unha mamá de un/unha deportist@ do club.     Adiviñades ???

RECORDATORIOS

Este fin de semana temos dous compromisos:

- O domingo 27 temos a segunda xornada da liga de augas pechadas para categorías xuvenil, xunior e senior en Arteixo. Lembrade que é preciso estar na piscina antes das 9.15 h., xa que ás 9.30 h. hai que dar as baixas de última hora. Non esquezades o material individual.

- O sábado 26 hai adestramento normal na piscina de Caldas. É moi importante que estemos todos xa que hai que darlle unha volta ós relevos e á técnica específica.

martes, 22 de enero de 2013

SEGUNDA XORNADA DA LIGA DE PEQUENOS

O sábado 19 desputouse en carballo a segunda xornada da Liga de augas pechadas para categorías alevín, infantil e cadete.
Producíronse resultados moi destacados e varias mínimas para os Campionatos de España. Os resultados máis importantes foron:

Quecemento

Equipo

- ANTÍA GARCÍA 50 M. MANIQUI ALETAS: 1ª, récord galego e mínima para España (30´´25) 
- ANTÍA GARCÍA 50 M. ARRASTRE MANEQUÍN 2ª e mínima.
Nervios

- MIGUEL FARIÑNA 50 M. ARRASTRE MANEQUIÍN 1º  e mínima.
- MIGUEL FARIÑNA 75 M. COMBINADA 1º e mínima.
Algunhas recollidas do manequín...







- AINHOA CARRACEDO 1ª 50 M. MANEQUÍN ALETAS e mínima.
- AINHOA CARRACEDO 4ª 25 M. ARRASTRE MANEQUÍN e mínima.
- MARTA TROITIÑO 7ª 50 M. MANEQUÍN ALETAS e mínima.

 Relevo con flopi
Remolques do manequín:







- ALEVÍN FEMENINO 4X 50 M. NATACION CON ALETAS 1º


- ALEVÍN FEMENINO 4X 25 M. OBSTÁCULOS 2º

Preparadas...

Miguel voando

domingo, 13 de enero de 2013

SEGUNDA XORNADA DE LIGA PEQUENOS

O vindeiro sábado 19 de xaneiro desputarase en Carballo a segunda xornada da liga galega de Salvamento Acuático.
O quecemento é as 9 h. e debedes estar na piscina como moi tarde ás 9.15 h. As probas empezan ás 10 h. A xornada disputarase  durante a mañá e a tarde.
Os deportistas de categoría alevín realizarán duas probas individuais e os infantís e cadetes tres. Ademáis realizaranse as probas de equipos.

Lembramos a importancia de que no caso de que non podades participar na competiciónavisedes ata o mércores 16 pola mañá chamando á piscina de Caldas. En caso contrario estaredes inscritos e contaremos con vos para as probas individuais e os relevos. 
Se despóis de estar inscritos e de contar con ir, unha incidencia de última hora vos impide acudir, por favor avisade ós adestradores antes das 9.30 h., xa que aínda poderíamos darvos de baixa. De estar inscritos e non participar o club recibirá sancións por realizar inscripcións incorrectas.
Os xuveniles, xuniors e seniors terán adestramento normal en Caldas ás 12 h. A súa segunda xornada será o fin de semana seguinte.

jueves, 3 de enero de 2013

ADESTRAMENTO ESPECIAL ACUATLON

Mañá venres 4 de decembro precisades levar ó adestramento zapatillas deportivas e roupa para correr.

Como actividade especial de vacacións realizaremos un acuatlon (correr-nadar)

Haberá premios para os mellores.

Por favor correde a voz e avisade ós compañeiros que non soen ler o blog, para que leven o material.