viernes, 24 de febrero de 2012

CAMPIONATOS GALEGOS DE AUGAS PECHADAS ALEVÍN, INFANTIL E CADETE

Á espera de recibir a convocatoria oficial, adiantámosvos que os Campionatos Galegos en augas pechadas Alevín, Infantil e Cadete disputaranse o fin de semana dos días 3 e 4 de marzo de 2.012 en Cerceda.

O sábado día 3 realizarase a competición Infantil e Cadete en xornadas de mañá e tarde.

O domingo día 4 realizarase a competición Alevín en xornada de mañá.

De este xeito cada deportista só terá que desprazarse ata Cerceda 1 só día.

Ánimo !!!

sábado, 4 de febrero de 2012

RECOÑECEMENTO DA FESSGA

Este sábado 4 de febreiro a Fessga organiza a Cena Anual. En ela vanse recoñecer ós mellores deportistas galegos e ó mellor club.

Este ano o noso club acadóu a segunda posición trala suma dos puntos acadados a nivel individual e de equipos entre as xornadas de liga e os campionatos galegos.

A nivel individual Miguel Fariña (Infantil) e Laura Miras (xunior) serán distinguidos como mellores deportistas da temporada 2.010-11. Noraboa ós dous !!!

Como a organización de esta cena foi bastante precipitada por parte da Fessga, algúns membros do club non poderemos acompañarvos, pero dende aquí a nosa felicitación.

CAMPIONATOS GALEGOS XUVENIL-XUNIOR-SENIOR

Os vindeiros sábado 11 e domingo 12 de febreiro desputaranse os Campionatos Galegos de maiores na piscina de caldas.

Lembrade seguir as recomendacións dos adestradores nos últimos días de posta a punto.

Como xa supoñedes, necesitamos axuda para a organización. Sobre todo dos deportistas cadetes para a colocación do material no vaso durante as probas de obstáculos e manequíns.

Grazas e sorte a todos.

PARTICIPACIÓN NOS CAMPIONATOS GALEGOS

Os deportistas que non poidéchedes participar na toma de tempos de este sábado por acudir ó curso de Cerceda tendes que participar na toma do luns na piscina de Caldas dende as 18.45 h.