O vindeiro venres 8 de novembro (víspera da primeira xornada de liga), vaise realizar en Caldas un curso de cronometradores.
O curso empezará ás 19 horas (anunciaremos pronto o lugar) e durará unhas tres horas. O custe será de 35 € (inclúe a licencia RFESS)
Lembrade que este ano os cronometradores cobrarán 30 € por xornada completa.
Os que desexedes participar debedes confirmalo este sábado día 2 no adestramento de Caldas.
lunes, 28 de octubre de 2013
lunes, 21 de octubre de 2013
XURXO VAI SER PAPÁ
Comunicámosvos que Xurxo Vieites vai ser papá de xeito inminente.
Por iso durante o seu permiso de paternidade será sustituído nos adestramentos de Caldas por Xurxo Vega.
Noraboa a Chari e Xurxo !
Por iso durante o seu permiso de paternidade será sustituído nos adestramentos de Caldas por Xurxo Vega.
Noraboa a Chari e Xurxo !
VIDEO TEMPORADA 2.012-13
Aquí deixamos un vídeo con preciosas imaxes da temporada 2.012-13
Que o desfrutedes...
http://www.youtube.com/watch?v=YmrFFuHLOeM
Que o desfrutedes...
http://www.youtube.com/watch?v=YmrFFuHLOeM
viernes, 18 de octubre de 2013
DANI SUÁREZ DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL
O Diario Oficial de Galicia de hoxe (18 10-13) recolle a Resolución do 4 de outubro de 2.013 da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos como deportistas galegos de alto nivel.
Entre os 52 deportistas de todas as disciplinas recoñecidos, encontrase Daniel Suárez Dapena.
É primeira vez que un deportista do noso club é recoñecido con esta importantísima distinción, que recoñece a súa gran valía e lle permitirá desfrutar de certos beneficios.
Estamos moi contentos de que Dani recibira esta distinción e agardamos que lle axude a seguir sendo un exemplo como deportista.
Noraboa !!!
Algunhas fotos da súa traxectoria no club:

lunes, 14 de octubre de 2013
CALENDARIO DEPORTIVO TEMPORADA 2.013-14
Xa dispoñemos do calendario deportivo da temporada 2.013-14 aprobado pola Fessga.
Consta de cinco xornadas de liga en augas pechadas e de catro xornadas da liga de augas abertas, ademáis dos respectivos campionatos galegos nas dúas modalidades.
Podedes ver os días, o lugar e as probas a realizar en cada competición. Están pendientes de asignar as sedes de todos os campionatos galegos. Nas xornadas de liga cada deportista só poderá realizar duas probas individuais.
Calendario de augas pechadas:
Calendario de augas abertas:

miércoles, 9 de octubre de 2013
domingo, 6 de octubre de 2013
REMATADO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN
Comunicámosvos que xa rematóu o prazo de inscripción para participar na cea do Club.
jueves, 3 de octubre de 2013
CEA ANUAL DO CLUB
Xa temos máis detalles da cena anual do club: Será o vindeiro sábado día 11 de outubro no restaurante Gradín da Estrada ás 21:30 h.
O prezo por deportista é de 15 euros e 17 € para os pais.
Temos de prazo para comunicar a asistencia ata o domingo 6 ás 22:00 h. Podedes facelo de dous xeitos:
- Por whatsapp identificandovos correctamente e indicando o número de deportistas e acompañantes.
- Por teléfono: (Lino Rivadulla 636688603).
Tende en conta que o que non comunique a asistencia en tempo e forma, logo non poderá asistir.
Agardámosvos a todos!!!
martes, 1 de octubre de 2013
ADESTRAMENTOS EN CALDAS E A ESTRADA
Hoxe día 1 de novembro realizóuse o primeiro adestramento semanal na Piscina de Caldas.
Mañá mércores día 2 empezan os adestramentos na piscina da Estrada.
Ánimo !!!
Mañá mércores día 2 empezan os adestramentos na piscina da Estrada.
Ánimo !!!
PRIMEIRO ADESTRAMENTO
O sábado 29 de setembro realizouse ás 12 da mañá na Piscina de Caldas o primeiro adestramento da temporada.
Os deportistas que se deron cita, amosaron en xeral moitas gañas de empezar os adestramentos e moita ilusión ante a nova temporada.
Ademáis da primeira toma de contacto e de de diversos exercicios xa algo intensos, a sesión rematóu ca desputa de un partido de waterpolo entre todos os asistentes.
Aí quedan algunhas fotos...

Suscribirse a:
Entradas (Atom)