domingo, 23 de febrero de 2014

CAMPIONATO INFANTIL E CADETE CALDAS 21-02-14

O campionato galego de augas pechadas para categorías infantil e cadete desputado en Caldas supuxo un novo éxito organizativo e deportivo para o club.
No campionato participaron un número récord de 250 deportistas, o que supuxo un gran reto como club organizador, que ademáis do persoal e medios da Fessga, árbitros, cronos, resultados e dirección técnica, contóu ca colaboración incansable de deportistas, pais, familiares e directiva. Entre todos conseguimos que os deportistas dos clubs galegos que nos visitaron, así como os seus seguidores (un número que multiplicóu ó de deportistas) se sentiran o máis cómodos posible entre nos. Así que aínda que acabamos un poco tarde realizamos un gran traballo.


No aspecto deportivo os resultados máis destacados foron:

- Ángela Cabalar: terceira (medalla de bronce) en 50 m. Socorrista.
- Ainoa Carracedo: segunda (medalla de prata) en 25 m. arrrastre.

O Relevo infantil feminino foi segundo en 4 x 50 m. obstáculos e 4 x 12,5 arrastre e terceiros en 4 x 50 m. nado aletas.
O Relevo infantil masculino: acadóu a segunda posición nos relevos 4 x 12,5 arrastre, 4 x 50 nado aletas e 4 x 50 nado con obstáculos.

Estes resultados, xunto cos puntos acadados por todos os deportistas a nivel individual e en equipos permitíu ó  equipo infantil acadar o segundo posto do Campionato.

Na entrega de trofeos estiveron presentes D. Ismael Pena (concelleiro de deportes da Estrada) Dna. Martina Bello (secretaria da Fessga) e D. Tino del Río (presidente do C.A. Umia)




























No hay comentarios:

Publicar un comentario