Ola a todos !!!
Aínda que con un pouco de
retraso informámosvos de que o vindeiro luns 1 de outubro comenzan os
adestramentos da temporada 2.012-13.
Sabemos que este comenzo de
temporada houbo déficit de información e que estabades desexando empezar.
Lamentamos tardar tanto en
organizar este comenzo e poder anunciarvos a organización dos adestramentos.
Finalmente manteremos os
mesmos horarios da temporada pasada, aínda que con pequenos cambios na piscina da Estrada:
A ESTRADA:
Luns, mércores e xoves ás 16.00 h. (maiores)
Luns e mércores ás 19.00 h. (pequenos)
CALDAS DE REIS:
Luns, martes, xoves ás 18.45 h. e sábados ás 12 h. (pequenos)
Luns, mércores, xoves ás 18.45 h. e sábados ás 12 h. (maiores)
Recordamos
que se os horarios non vos encaixan podedes acudir a unha ou
outra piscina indistintamente, sempre que sexades da categoría correspondente.
Lembrade que que a hora que
se indica é para estar na piscina mudados e duchados dispostos para comenzar.
Tamén vos anunciamos
novidades nas competicións da Fessga de esta temporada.
Moito ánimo !!!
Moito ánimo !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario