viernes, 23 de noviembre de 2012

PRIMEIRA COMPETICIÓN

O vindeiro sábado día 1 de decembro de 2.012 vaise desputar en Carballo unha competición únicamente para categorías infantil e cadete que se chama Open Aecsa. O quecemento será ás 16.00 h e a competición empezará ás 17.00 h.

A pesar do pouco tempo do que dispoñemos dende a convocatoria, o club decidíu participar. Por iso temos que axilizar as inscripcións.

As probas a desputar son:

- 50 m. rescate do manequín con aletas (ambas categorías)
- 50 m. socorrista (infantil)
- 100 m. supersocorrista (cadete)
- 4 x 12,5 relevo de remolque do manequín (ambas categorías)
- 4 x 50 m. relevo con flopi (ambas categorías)

Para preparar esta competición é moi importante que todos os deportistas das categorías infantil e cedete acudades este sábado ó adestramento.

Recordade que se alguén non pode ir a esta competición debe comunicarllo este sábado ós adestradores ou como límite chamar o luns á piscina de caldas (986 54 08 31). De non avisar seredes inscritos para a competición e incluídos nos equipos.


viernes, 9 de noviembre de 2012

PEDIDO DE ALETAS

Un grupo de deportistas está interesado en comprar aletas de fibra. Como xa sabedes, facer estes pedidos é bastante complicado e adquirir un número reducido encarece os prezos polos costes de envío.  Por iso trataremos de facer unha compra conxunta. Así que todos os que estedes interesados en comprar aletas, poñédevos en contacto canto antes con Xurxo Vieites, que fará o encargo.


domingo, 4 de noviembre de 2012

CINCO DEPORTISTAS REALIZAN O CURSO DE SOCORRISMO

Cinco deportistas do club empezaron este fin de semana a realizar o curso de Socorrismo acuático e Primeiros auxilios que a Fessga imparte en Caldas de Reis.

Mariña Magariños, Matías Rivadulla, Antía del Río, Manuel Pereira e Samuel Torres comenzaron este curso, cuxas titulación lles permitirá competir nos Campionatos de España e no futuro desempeñar unha actividade profesional como socorristas.

O curso que se desenvolverá os fins de semana ata fin de ano esixiralles un importante esforzo para compatibilizalo cos seus estudios de secundaria e cos adestramentos do club.

Ánimo a todos !!!