viernes, 30 de diciembre de 2011

Mellores deportistas - Decembro (A Estrada)

1 DANIEL
2 DAVID
3 SAMUEL Y MARIÑA

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Adestramentos de nadal

Comunicaselle a todolos deportistas que o horario das vacacións de nadal son os seguintes:

A Estrada: horario habitual

Caldas: martes e xoves de 11:00 a 12:30

Tamen se comunica que o dia 3 de xaneiro (martes) é obrigatoria a asistencia ó entreno na piscina de Caldas no mesmo horario (11:00)

lunes, 19 de diciembre de 2011

MINIMAS DE ESPAÑA

Outra mínima máis, boa xornada a de onte, a seguir así.

Manuel Fariña Caeiro - 200 supersocorrista.

sábado, 17 de diciembre de 2011

Asistencia adestramentos meses outubro e novembro

cia Out Nov 11

viernes, 16 de diciembre de 2011

TERCEIRA XORNADA DE LIGA

O vindeiro domingo 18-12-11 o noso club organizará a terceira xornada da liga de augas pechadas.
Esperamos que desfrutedes da vosa participación deportiva e poidades acadar bos resultados.
Pero xa sabedes que como Club asumimos a responsabilidade de organizar o mellor posible as competicións, e iso é posible gracias á colaboración de todos.
Por iso precisamos da vosa axuda en diversas tarefas (colocar material, remolcar manequíns, cámara de saída, megafonía, intendencia...)

Contamos con vos !!!

XUNTANZA XUNTA DIRECTIVA 15-12-11

O xoves 15 de decembro ás 20.30 h. Tivo lugar na sede da Piscina Municipal de Caldas unha reunión da Xunta Directiva do Club. Asistiron Kati Herrera, Lourdes Villamarín, Mari Carmen Rodríguez, Marisa Frieiro, Gloria Estévez, Chema Crespo, Manuel Fariña, Xavi Calvo e Javicho Magariños.
A reunión tiña como obxectivo coordenar aspectos organizativos da terceira xornada da liga de augas pechadas que o noso club organizará o domingo 18 de decembro na Piscina de Caldas.
Tamén se abordaron temas como a marcha dos aspectos deportivos, económicos e organizativos do club.

miércoles, 30 de noviembre de 2011

lunes, 28 de noviembre de 2011

DEPORTISTAS MELLOR VALORADOS (A ESTRADA)

OCTUBRE: 1.NURIA 2.DANI 3.MARIÑA
NOVIEMBRE: 1.NURIA 2.DANI 3.SAMUEL

Mínimas campionatos de España

Día aciago o de onte, ainda así 2 mínimas máis cairon pola tarde.

Dani en 100 combinada
Manuel 100 sos

A seguir traballando, auf

lunes, 7 de noviembre de 2011

Mínimas campionatos de España

Moi bo traballo rapaces, 1 xornada de liga máis que satisfactoria, xa cairon unhas cuantas minimas para campionatos de España, ésta é a senda a seguir.

Esteban, Antía García e Matías, minima de 50 aletas

Daniel e Manuel, mínima 200 obstáculos

Daniel, Manuel e Tino, mínima 100 rescate aletas

E ademáis de iso hai algúns deportistas que estivéchedes moi moi preto de acadar mínima como e o caso por exemplo de Mariña e Tania. E aínda estamos na 1 xornada, ánimo rapaces.

Sen sufrimento non hai resultado. Ánimo !!!

viernes, 4 de noviembre de 2011

PRIMEIRA XORNADA (ARTEIXO, 6-11-11)

Dende o club salvar (organizadores da primeira xornada de liga 11-12) recordannos que se alguén quere quedar a comer en Arteixo debemos comunicarllo para facer as reservas. O prezo é de 10 €.
Os que queiran quedar a comer (deportistas e acompañantes) deben decirllo ós adestradores máña sábado día 5 no adestramento de Caldas.

Grazas

domingo, 30 de octubre de 2011

PRIMEIRA XORNADA DE LIGA 2011-12 (ARTEIXO, 6-11-11)

Queremos lembrarvos algunhas normas para as competicións de esta temporada:

- Todos os deportistas debemos participar en todas as probas.
- Debemos chegar á piscina con tempo suficiente para realizar o quecemento con todo o grupo. En todo caso sempre antes das 9.30 h. pola mañá e das 16.00 h. pola tarde, (hora límite para comunicar as posibles baixas).
- Para tratar de mellorar a organización das diferentes competicións, os clubs comprometémonos a colaborar co club organizador en calquera cousa que poidan precisar (cronometrar, colocar manequíns, etc.), polo que os que poidades votar unha man, comunicádeo ós adestradores.
- Ó igual que no resto das competicións de esta temporada haberá cámara de saídas. Deberemos estar en ela duas series antes da nosa e mostrarnos atentos ás indicacións dos organizadores.
- Ademáis, comunícannos que na competición do ano pasado en Arteixo, os vestiarios quedaron moi sucios e lixo e comida por toda a instalación. Así que por indicacións da empresa, non se poderá pasar á instalación con comida. Ademáis pídennos que para aproveitar mellor o pouco espazo do que se dispón, será preciso que todos utilicemos as taquillas e non levemos as mochilas para a nave do vaso.
- En xeral debemos mostrar unha actitude respectuosa durante toda a competición: Silencio nas saídas, ocupar o noso lugar cando non compitamos, etc.

Lembrade que ser un bo deportista é moito máis que ser bo competidor...

miércoles, 19 de octubre de 2011

Informe Asamblea CAUmia 30/09/2011

INFORME ASAMBLEA UMIA 30-09-11

martes, 18 de octubre de 2011

DOCUMENTACIÓN LICENCIAS

URXENTE !!

Lembramos a todos os deportistas da necesidade de entregar a documentación para a renovación da Licencia Federativa Anual.
Para elo hai que entregar a ficha federativa cuberta (pódese descargar da páxina da Fessga), unha fotocopia do dni (se aínda non se ten, do libro de familia) e unha foto actualizada con nome e o club escrito por detrás. Esta documentación xuntarase con un clip.
Debe ser entregada ós adestradores na Estrada ou en Caldas antes do xoves 20 de outubro ás 19.00 h.
Según as normas da Fessga os que non entreguen a documentación en este prazo non poderán participar na primeira xornada de liga.

MOI IMPORTANTE !!

sábado, 8 de octubre de 2011

Unha boa primeira semana de entrenos

Despois de haber rematado a primeira semana de entrenos, os adestradores queremos felicitar a todolos deportistas do clube, xa que foi unha moi boa primera semana de entrenos, tanto no aspecto fisico como actitudinal, o que se agradece enormemente.

Esperamos que esta entrega dos nosos deportistas siga por este camiño, o que de seguro dará os froitos de cara ás competicións.

Animo a todos!!!

domingo, 2 de octubre de 2011

NORMAS TEMPORADA 2.011-12

As normas adoptadas que deben observar todos os deportistas do club son resumidamente as seguintes:
- Ser moi puntuais nos adestramentos e nas competicións. Á hora sinalada para o comenzo da actividade hai que estar xa mudados e duchados para comenzar.
- Reducir ó máximo o tempo de paso polos vestiarios, tanto ó entrar como ó sair dos adestramentos.
- É obrigatoria a praticipación en todas as competicións e en todas as probas. Se por algunha causa moi xustificada non se poidera participar, é preciso avisar antes do mércores ás 13 h. da semana da competición. O único xeito de avisar é chamar á piscina de Caldas (Tfno. 986-54 08 31) e deixar o recado.
- O Club asumíu o compromiso de acudir con aqueles que acaden as marcas mínimas de acudir ós Campionatos de España das diferentes categorías. Para acadar este obxectivo solicítase compromiso a todos e anunciase que se tomarán medidas disciplinarias con aqueles que non observen un comportamento axeitado ou entorpezan o traballo dos compañeiros.
- Esta temporada dispoñerase de unha hora máis na Piscina da Estrada. Todos os deportistas que non teñan clase polas tardes deberán acudir obrigatoriamente ós adestramentos das 16.00 h. (luns, mércores e xoves) deixando o horario das 19.00 h. (luns e mércores) para os deportistas que teñen clases polas tardes (Colexio Lourdes)
-Recordase a todos a importancia de participar nos adestramentos conxuntos dos sábados ás 12.00 h. na Piscina de Caldas.

Desexamos que teñades unha boa temporada.

Os adestradores.

INFORME DA ASAMBLEA XERAL DO 30-09-11

A primeira Asamblea Xeral de Socios do Club Umia da temporada 2.011-12 celebrouse na Biblioteca Municipal de Moraña. Dispoñedes de un documento en pdf que recolle un resume do exposto e acordado a xeito de acta.

jueves, 29 de septiembre de 2011

Asamblea temporada 2011/2012

Mañán na casa da cultura A.D.R. Castelao de Moraña ás 21.15 terá lugar a asamblea xeral do CAUmia co seguinte orden do día:

1- Informe do Presidente

2- Planificación tempada 2011/2012

3- Informe económico

4- Dimisión ou renuncia de membros da directiva

5- Rogos e preguntas

Benvidos ó novo blog do Umia

Hola a todos !!!

Este blog pretende ser a ferramenta de comunicación da comunidade do club (adestradores, directivos, deportistas e pais), aínda que principalmente entre os adestradores e os deportistas e os seus pais durante a temporada deportiva.

En el incluiremos de xeito conciso a información que vaiamos recompilando e que sexa do voso interés. Incluiranse avisos, modificacións, recordatorios, etc.

Esperamos que a partir de agora, collades o hábito de pasarvos periódicamente por aquí; así que xa sabedes, poñede esta dirección dentro dos vosos favoritos e a actualizarvos.

Como vedes o blog tamén dispón de un chat no que podedes participar sen necesidade de rexistravos. Utilizadeo con respeto e tolerancia.

Alex, Xurxo e Xavi.