Esta temporadao club contóu con varias incorporacións. A maior parte dos novos deportistas pertencen á categoría alevín e todos eles realizaron unha gran temporada. Tamén queremos salientar a de dous deportistas de categoría senior: Daniel Casas e Gustavo Carracedo.
Gus incorporouse dende principio de temporada e Dani fíxoo para a temporada de augas abertas. Ambos foron un exemplo de deportividade, de compromiso e integración, aportando todo o que os adestradores buscamos nos deportistas: Esforzo, empeño, perseverancia e ambición por progresar conxuntados ca relativización polos resultados. Tamén se caracterizaron polo apoio ós compañeiros, colaboración na disposición do material e organización dos adestramentos.
Grazas polo voso exemplo !
jueves, 26 de julio de 2012
martes, 24 de julio de 2012
DATOS IRON ABSOLUTO RAZO-2012
Este é o enlace no que podedes ver a traxectoria e distancia que realizáchedes ó facer a carreira Iron en Razo:
http://connect.garmin.com/activity/202628839#.UA63KN_CpKc.gmail
http://connect.garmin.com/activity/202628839#.UA63KN_CpKc.gmail
domingo, 22 de julio de 2012
ADESTRAMENTOS COMPETICIÓN RIBEIRA
Comunícase a todos os deportistas interesados en participar na competición do circuito nacional organizada pola Asociación Nacional de Clubs de Salvamento que se disputará en Ribeira no mes de agosto, que están convocados ós adestramentos que se realizarán en Caldas os seguintes días:
Martes e xoves ás 11.45 h. (xa preparados) Tratar de chegar un pouco antes para mudarse.
Nos adestramentos traballarase carreira, tabla, ski e nado. Ademáis programarase un terceiro día con supervisión, que se acordará cos deportistas.

UNHAS POUCAS FOTOS DO CAMPIONATO ABSOLUTO DE RAZO
Por fin bo tempo...
Laura a piques de zarpar
Chegada do relevo de nado
Samuel concentrado
Tania tralo relevo de tabla
Laura skiando
Tanden
Dani
Luis
A afección seguindo a competición
RESULTADOS CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO RAZO 21 E 22 DE XULLO
O campionato Galego Absoluto disputado en Razo os días 21 e 22 de xullo foi a oportunidade para que os deportistas máis novos das categorías xuvenil e xunior competiran conxuntamente cos deportistas senior sendo tratados en igualdade de condicións. Tamén para os maiores comprobar como na maioría das ocasións os "pequenos" os superaban en moitas probas.
Os deportistas do club que acudiron (sentimos que moitos non o fixeran e perderan a experiencia) poideron desfrutar de un fin de semana de condicións excepcionais: Unha praia marabillosa que nos ofrecéu moito sol, auga quente e ondas moi xeitosas.
Para os deportistas Tania, Mariña, Laura, Adriana, Paula, Samuel, Manuel Pereira, Daniel Suárez, David, Manuel Fariña, Gustavo, Daniel Casas, Josecho e Xavi, os adestradores Xurxo e Alex, e os acompañantes Antía, Miguel, Matías e Esteban, non tivo ningunha importancia que se tratara da primera competición autonómica na historia do club na que non acadáramos nengunha medalla. A recompensa foi participar e desfrutar.
Grazas a todos os que participáchedes (deportistas, adestradores, pais, acompañantes e transportadores)

viernes, 20 de julio de 2012
HORARIO CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO
Sentimos comunicarvos con tan pouco tempo que a hora de comenzo do Campionato Absoluto de Razo é ás 9 h. (o quecemento ás 8 h.) Por tanto os deportistas debemos estar na praia antes das 8.30 h.
A madrugar !
A madrugar !
martes, 17 de julio de 2012
lunes, 16 de julio de 2012
RESULTADOS CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN-INFANTIL-CADETE
O sábado 14 desputouse o Campionato Galego de pequenos en augas abertas. Os deportistas do club obtiveron uns excelentes resultados na praia do Ézaro. A pesar de que o día foi moi completo meteorolóxicamente (nubes, choiva e algún raiño de sol) a auga estivo moi boa.
Noraboa a todos e grazas ós pais e familiares por apoiarnos e pasar o día con nos tan lonxe da casa.
jueves, 12 de julio de 2012
CAMPIONATO ALEVÍN-INFANTIL-CADETE 14-07-12
Lembramos algunhas cousas relacionadas co Campionato:
- Non vos retrasedes á hora de chegar. Tratade de facelo antes das 9.30 h. Tende en conta que o tempo de viaxe aproximado é 1.30 h. dende Caldas e 1.40 h. dende A Estrada.
- É preciso que os deportistas leven a comida para ese día. Comerase na praia xa que non se atoparon lugares próximos nos que comer.

sábado, 7 de julio de 2012
ALGUNHAS FOTOS DO CAMPIONATO DE CAIÓN (07-07-12)
TANIA A POLA BANDEIRA
MARIÑA CON TRANQUILIDADE...
TODOS (case todos)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)