CAMPIÓNS
Para acadar este trunfo, os deportistas do club sumaron un total de 1613 puntos con unha marxe sobre os seguintes clubs de máis de 400 puntos. Por categorías fomos primeiros en xuvenil e xunior e quintos en senior. Un gran premio a moitos meses de esforzo nos adestramentos.
Este fin de semana intenso deparóu temén os trunfos de Antía García como mellor deportista da categoría xuvenil feminina, Matías Rivadulla como mellor deportista da categoría xuvenil masculina e de Daniel Suárez como mellor deportista da categoría xunior masculina.
Ademáis foron moitos os postos de podio nas diferentes probas individuais e de relevos.
O camiño ata o éxito foi duro. As cosas non comenzaron tan ben. Cometemos erros, sufrimos descalificacións e enfrentámonos a moi bos adversarios que mostraron un excelente nivel.
Antes da satisfacción tamén houbo tensión e nervios, decepcións e bágoas. Por iso este campionato foi outra oportunidad máis de aprender e formarnos como deportistas e como persoas.
Noraboa a todos os que déchedes o mellor de vos en cada proba na que participáchedes e grazas a todos os que vos esforzáchedes para que poidéramos estar alí e nos déchedes todo o voso apoio dende a grada.
Compoñentes do mellor equipo xunior
No hay comentarios:
Publicar un comentario