viernes, 24 de febrero de 2012

CAMPIONATOS GALEGOS DE AUGAS PECHADAS ALEVÍN, INFANTIL E CADETE

Á espera de recibir a convocatoria oficial, adiantámosvos que os Campionatos Galegos en augas pechadas Alevín, Infantil e Cadete disputaranse o fin de semana dos días 3 e 4 de marzo de 2.012 en Cerceda.

O sábado día 3 realizarase a competición Infantil e Cadete en xornadas de mañá e tarde.

O domingo día 4 realizarase a competición Alevín en xornada de mañá.

De este xeito cada deportista só terá que desprazarse ata Cerceda 1 só día.

Ánimo !!!

sábado, 4 de febrero de 2012

RECOÑECEMENTO DA FESSGA

Este sábado 4 de febreiro a Fessga organiza a Cena Anual. En ela vanse recoñecer ós mellores deportistas galegos e ó mellor club.

Este ano o noso club acadóu a segunda posición trala suma dos puntos acadados a nivel individual e de equipos entre as xornadas de liga e os campionatos galegos.

A nivel individual Miguel Fariña (Infantil) e Laura Miras (xunior) serán distinguidos como mellores deportistas da temporada 2.010-11. Noraboa ós dous !!!

Como a organización de esta cena foi bastante precipitada por parte da Fessga, algúns membros do club non poderemos acompañarvos, pero dende aquí a nosa felicitación.

CAMPIONATOS GALEGOS XUVENIL-XUNIOR-SENIOR

Os vindeiros sábado 11 e domingo 12 de febreiro desputaranse os Campionatos Galegos de maiores na piscina de caldas.

Lembrade seguir as recomendacións dos adestradores nos últimos días de posta a punto.

Como xa supoñedes, necesitamos axuda para a organización. Sobre todo dos deportistas cadetes para a colocación do material no vaso durante as probas de obstáculos e manequíns.

Grazas e sorte a todos.

PARTICIPACIÓN NOS CAMPIONATOS GALEGOS

Os deportistas que non poidéchedes participar na toma de tempos de este sábado por acudir ó curso de Cerceda tendes que participar na toma do luns na piscina de Caldas dende as 18.45 h.

viernes, 27 de enero de 2012

4ª XORNADA DE LIGA

Este sábado 28 de xaneiro disputarase a última xornada da liga de augas pechadas de esta temporada.

Esta xornada teremos case en exclusiva probas de remolque do manequín con e sen aletas según as categorías.

Tratade de ser puntuais.

Ánimo e sorte para todos !!!

lunes, 16 de enero de 2012

CAMPIONATOS DE ESPAÑA AUGAS PECHADAS

As sedes dos Campionatos de España de Augas Pechadas da temporada 2011-12 son as seguintes:

- CATEGORÍAS INFANTIL E CADETE (24-25 MARZO-2012): ALMENDRALEJO (Badajoz-Extremadura)

- CATEGORÍAS XUVENIL E XUNIOR (9-10-11 MARZO-2012): STA. CRUZ DE TENERIFE (Islas Canarias)

Xa sabedes que para poder participar en eles será preciso seguir esforzándose (e non só na piscina). Lembrade que ademáis de cumprir nos adestramentos e acadar as marcas mínimas, tamén debemos esforzarnos na escola e na casa demostrando que somos deportistas completos en todos os ámbitos.

ÁNIMO !!!