Este sábado 4 de febreiro a Fessga organiza a Cena Anual. En ela vanse recoñecer ós mellores deportistas galegos e ó mellor club.
Este ano o noso club acadóu a segunda posición trala suma dos puntos acadados a nivel individual e de equipos entre as xornadas de liga e os campionatos galegos.
A nivel individual Miguel Fariña (Infantil) e Laura Miras (xunior) serán distinguidos como mellores deportistas da temporada 2.010-11. Noraboa ós dous !!!
Como a organización de esta cena foi bastante precipitada por parte da Fessga, algúns membros do club non poderemos acompañarvos, pero dende aquí a nosa felicitación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario