domingo, 4 de noviembre de 2012

CINCO DEPORTISTAS REALIZAN O CURSO DE SOCORRISMO

Cinco deportistas do club empezaron este fin de semana a realizar o curso de Socorrismo acuático e Primeiros auxilios que a Fessga imparte en Caldas de Reis.

Mariña Magariños, Matías Rivadulla, Antía del Río, Manuel Pereira e Samuel Torres comenzaron este curso, cuxas titulación lles permitirá competir nos Campionatos de España e no futuro desempeñar unha actividade profesional como socorristas.

O curso que se desenvolverá os fins de semana ata fin de ano esixiralles un importante esforzo para compatibilizalo cos seus estudios de secundaria e cos adestramentos do club.

Ánimo a todos !!!

miércoles, 31 de octubre de 2012

INFORME DA ASAMBLEA XERAL DO 26-10 12

A continuación presentase a xeito de acta un resumo da primeira Asamblea Xeral de socios do Club Umia da temporada 2.012-13 celebrada no Auditorio da Casa da Cultura de Moraña.




martes, 23 de octubre de 2012

DOCUMENTACIÓN PARA AS LICENCIAS

Lembramos que precisamos con urxencia a seguinte documentación para tramitar as licencias deportivas de esta temporada:

- Ficha de renovación da licencia deportiva Fessga 2.012-13 cumprimentada (se non a tendes podedes vaixala da páxina da fessga en novidades, licencia deportiva)

- Fotocopia ben lexible do voso DNI, no caso de que o que entregarades a pasada temporada estea caducado (isto é mi importante. Se non estadades seguros mellor que traiades unha copia nova)

Esta documentación podedes entregala na Estrada ou en Caldas durante esta semana ou directamente o venres 26 durante a Asamblea.

ASAMBLEA XERAL

Comunicámosvos que o Presidente do club convocóu unha asamblea Xeral para o vindeiro venres 26 de outubro ás 21.30 h. (única convocatoria) na Casa da Cultura de Moraña ca seguinte orde do día:

- Informe do presidente.
- Estado de contas.
- Elección de nova Xunta Directiva.
- Presentación da nova temporada.
- Rogos e preguntas.

Agradecese que todos fagamos un esforzo e tratemos de estar presentes.

miércoles, 10 de octubre de 2012

CURSO DE SOCORRISTA EN CALDAS

Ola a todos !

Comunicámosvos que posiblemente a Fessga imparta un curso de Socorrista na Piscina de Caldas. O curso está a ser promovido polo club de Vilagarcía.

O curso empezaría moi proximamente e tería que certa presa porque debería estar rematado antes do fín de este 2.012, para poder ser convalidado directamente pola AGSS.

Como vai dirixido a deportistas da Fessga, pode ser realizado de xeito excepcional por deportistas que teñan cumplidos os 16 anos.

Se hai alguén que se anime despóis da experiencia do anterior, o mellor é que vos poñades en contacto directamente ca Fessga.

sábado, 6 de octubre de 2012

CHARLA DO PRESIDENTE COS DEPORTISTAS

O sábado 6 de outubro, despóis do adestramento realizado na Piscina de Caldas, o presidente do club, Javicho Magariños, mantivo unha charla cos deportistas.

En esta charla agradecéu ós deportistas a campaña realizada a temporada anterior e aproveitóu para trasladar ó grupo as felicitacións enviadas pola Presidenta da Federación Española ó noso club polos resultados acadados nos Campionatos de España.

Tamén aproveitóu para darlles ánimos para afrontar a temporada e ofreceuse no nome propio e da directiva a traballar para poñer os medios para que o club poida desputar todas as competicións e apoiar a aqueles deportistas que acaden as marcas mínimas para participar nos Campionatos de España.

domingo, 30 de septiembre de 2012

COMENZO DOS ADESTRAMENTOS TEMPORADA 2.012-13


Ola a todos !!!

Aínda que con un pouco de retraso informámosvos de que o vindeiro luns 1 de outubro comenzan os adestramentos da temporada 2.012-13.
Sabemos que este comenzo de temporada houbo déficit de información e que estabades desexando empezar.
Lamentamos tardar tanto en organizar este comenzo e poder anunciarvos a organización dos adestramentos.
Finalmente manteremos os mesmos horarios da temporada pasada, aínda que con pequenos cambios na piscina da Estrada:
  
A ESTRADA:
Luns, mércores e xoves ás 16.00 h. (maiores)
Luns e mércores ás 19.00 h. (pequenos)
CALDAS DE REIS:
Luns, martes, xoves ás 18.45 h. e sábados ás 12 h. (pequenos)
Luns, mércores, xoves ás 18.45 h. e sábados ás 12 h. (maiores)

            Recordamos que se os horarios non vos encaixan podedes acudir a unha ou outra piscina indistintamente, sempre que sexades da categoría correspondente.
Lembrade que que a hora que se indica é para estar na piscina mudados e duchados dispostos para comenzar.
  
Tamén vos anunciamos novidades nas competicións da Fessga de esta temporada.

Moito ánimo !!!