O vindeiro domingo 22 de decembro desputarase a terceira xornada da Liga galega de augas pechadas. A sede será Cerceda, que como sabedes trocóu a organización da súa xornada ca cuarta, que se pasará a desputarse en Arteixo.
As probas a desputar son:
- Categoría Alevín: 50 obstáculos e o relevo 4 x 25 m. obstáculos.
- Categoría Infantil: 25 m. rescate do manequín e o relevo de 4 x 50 m. nado con aletas.
- Categoría cadete: 75 m. combinada e o relevo de 4 x 50 m. nado con aletas.
- Categorías xuvenil, xunior e senior: 200 obstáculos, 100 m. rescate con aletas e 100 m. combinada e o relevo de 4 x 25 m. remolque do manequín.
O quecemento na xornada de mañá é:
- 8.40 h.: Infantís e cadetes.
- 9.30 h. alevíns.
Na xornada de tarde:
- 15.30 h.; xuvenís, xuniors e seniors.
Este sábado 14 é o último adestramento conxunto na piscina de Caldas antes de esta xornada. É importante a asistencia.
Se algún deportista non pode acudir á competición, debe avisar ós adestradores antes do luns 16 para non ser inscrito e que o club non teña que pagar polos seus dereitos de participación na xornada. Se despóis de esta data calquera circunstancia vos impide acudir, deberedes avisar de todos xeitos para poder dar a baixa na competición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario