domingo, 1 de diciembre de 2013

CEA ANUAL DA FESSGA

O sábado 30 de novembro, despóis da desputa da segunda xornada da Liga, celebrouse en Carballo a cea anual da Fessga, na que se entregaron os recoñecementos ó mellor club e ós mellores deportistas da pasada temporada 2.012-13.
A federación destinguíu a Ainoa Carracedo como mellor deportista da temporada na categoría alevín femenina e a Miguel Fariña na categoría cadete masculina.
Ademáis tivo unha distinción especial a Dani Suárez, que xunto con Crichi García, foron os únicos socorristas considerados pola Xunta de Galicia como deportistas galegos de alto nivel.
Os deportistas premiados estiveron acompañados por familiares, directiva e outros compañeiros e membros do club.
Mesa con acompañantes do club

Mariña, Laura e Ainoa

Ainoa recibindo o recoñecemento

Miguel con Dna. Nuria Rodríguez

Dani con Crichi e Nuria

No hay comentarios:

Publicar un comentario