domingo, 22 de diciembre de 2013

BOS RESULTADOS NA TERCEIRA XORNADA

O domingo 22 de decembro desputouse en Cerceda a terceira xornada da liga galega de augas pechadas da temporada 2.013-14.
Estivemos un pouco apretados pero pagóu a pena: volvemos a encabezar a clasificación de clubs ó sumar un total de 944 puntos entre pequeños e maiores. Ademáis tamén acadamos algunhas marcas mínimas para participar nos campionatos de España. Un bo xeito de empezar as vacacións.





Na xornada de mañá acadamos a terceira posición sumando 312 puntos entre as tres categorías e quedando en primeira posición nas categorías alevín e cadete. Primeira competición para Sofía.
Destacaron os seguintes resultados:
- 50 m. Obstáculos alevín: Marta Troitiño primeira e Oscar García cuarto.
- 25 m. Rescate do manequín infantil: Ainoa festexóu o seu cumpreanos quedando segunda. Aldara e Nico foron terceiros.
- En equipos: en 4x50 m. nado con aletas, as infantiles femininas terceiras e cuartas respectivamente  e o masculino terceiro e en 4x25 m. obstáculos, as alevíns foron segundas e os alevíns terceiros.













Na xornada de tarde, a pesar do altísimo nivel de participación e de resultados de  moitos clubs, o Umia volvéu a ser primeiro tras sumar 632 puntos e encabezando a clasificación nas categorías xuvenil e xunior.
Debutaron co club Ana Abal e Diana Outeda, que pasaron a súa proba de lume acabando na súa primeira participación a proba combinada.


Os resultados máis destacados foron:
- 200 m. Obstáculos: Antía del Río terceira e Esteban e Matías terceiro e cuarto respectivamente en xuvenil. Mariña Magariños terceira e Dani Suárez primeiro en xunior.
- 100 m. manequín aletas: Antía García primeira, Irene Rivadulla segunda e Esteban primeiro en xuvenil. Tania Gamallo segunda e Dani Suárez primeiro en xunior e Manuel Fariña cuarto en senior.
- 100 m. Combinada : Antía García segunda, Irene Rivadulla terceira e Matías primeiro en xuvenil. Mariña Magariños segunda en xunior. Laura Mirás cuarta en senior.
No relevo 4 x 25 m. arrastre do manequín, os relevso xuveniles feminino e masculino foron primeiros. O xunior feminino segundo e o xunior masculino primeiro. o senior masculino foi cuarto.









No hay comentarios:

Publicar un comentario