domingo, 1 de diciembre de 2013

SEGUNDA XORNADA DA LIGA DE AUGAS PECHADAS

O día 30 de novembro desputouse en Carballo a segunda xornada da Liga Galega de augas pechadas.
Con algunhas baixas de última hora, os deportistas do Umia desprazámonos a Carballo tras un importante madrugón.
Na xornada de mañá, os pequenos amosaron a sua evolución na técnica e melloraron sensiblemente os seus tempos. Tivemos algunhas descalificacións froito dos nervos e do rigor arbitral. Finalmente acadamos a cuarta posición na suma de puntos das tres categorías (277).

Os resultados máis importantes acadados foron:
- Marta Troitiño primeira e Mariña Rivadulla segunda alevín feminina e Oscar García segundo alevín masculino en 50 m. Rescate do manequín con aletas.
- O equipo infantil masculino acadóu a segunda posición no relevo 4 x 12,5 m. Remolque do manequín.
- O equipo alevín masculino quedó primeiro no relevo 4 x 50 m. natación con aletas.






Pola tarde os maiores temén ofreceron diversidade nos resultados, a pesar do cal acadamos a primeira posición sumando os puntos acadados nas tres categorías (563).
Varios deportistas do noso club estiveron entre os mellores das súas respectivas clasificacións:
- Na proba 100 m. Socorrista, Irene Rivadulla cuarta en xuveil femenina, Matías Rivadulla segundo e Esteban Ferreiro cuarto en xuvenil masculino, Mariña Magariños segunda en xunior feminina, Dani Suárez primeiro en xunior masculino, Laura Mirás cuarta en senior feminina e Alex Porto terceiro seior masculino.
- Na proba 50 m. Rescate do manequín, Antía García quedóu primeira na categoría xuvenil feminina, Esteban Ferreiro segundo na xuvenil masculina, Tania Gamallo segunda xunior feminina, Daniel Suárez primeiro xunior masculino e Laura Mirás terceira senior feminina.
- Na proba 200 m. Supersocorrista Matías quedóu primeiro da categoría xuvenil masculina e Mariña Magariños e Carla López quedaron primeira e segunda respectivamente na categoría xunior feminina.
- No relevo de 4 x 50 m. con flopi, os equipos xuvenil feminino e masculino quedaron primeiros, o senior feminino foi segundo e o senior masculino quedóu terceiro.

























No hay comentarios:

Publicar un comentario