lunes, 4 de noviembre de 2013

CURSO XUIZ CRONO

Para facilitar a inscripción das persoas que ides facer o curso de xuiz cronometrador, e non ter que enviar toda a documentación antes do curso, todos os membros do club poderemos facela conxuntamente.
Para iso o mesmo venres debedes levar:
- Unha fotocopia do DNI.
- unha foto tamaño carné.
- 35 € (en algún caso poden ser 30, pero inicialmente levade 35)
Dende a directiva proporcionaranvos unha fotocopia do modelo de inscripción para cubrir alí mesmo. Posteriormente realizarán o ingreso conxunto. 

lunes, 28 de octubre de 2013

CURSO DE CRONOMETRADOR

O vindeiro venres 8 de novembro (víspera da primeira xornada de liga), vaise realizar en Caldas un curso de cronometradores.
O curso empezará ás 19 horas (anunciaremos pronto o lugar) e durará unhas tres horas. O custe será de 35 € (inclúe a licencia RFESS)
Lembrade que este ano os cronometradores cobrarán 30 € por xornada completa.
Os que desexedes participar debedes confirmalo este sábado día 2 no adestramento de Caldas.

lunes, 21 de octubre de 2013

XURXO VAI SER PAPÁ

Comunicámosvos que Xurxo Vieites vai ser papá de xeito inminente.
Por iso durante o seu permiso de paternidade será sustituído nos adestramentos de Caldas por Xurxo Vega.
Noraboa a Chari e Xurxo !

VIDEO TEMPORADA 2.012-13

Aquí deixamos un vídeo con preciosas imaxes da temporada 2.012-13

Que o desfrutedes...

http://www.youtube.com/watch?v=YmrFFuHLOeM

viernes, 18 de octubre de 2013

DANI SUÁREZ DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL

O Diario Oficial de Galicia de hoxe (18 10-13) recolle a Resolución do 4 de outubro de 2.013 da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos  como deportistas galegos de alto nivel.
Entre os 52 deportistas de todas as disciplinas recoñecidos, encontrase Daniel Suárez Dapena.

É primeira vez que un deportista do noso club é recoñecido con esta importantísima distinción, que recoñece a súa gran valía e lle permitirá desfrutar de certos beneficios.

Estamos moi contentos de que Dani recibira esta distinción e agardamos que lle axude a seguir sendo un exemplo como deportista.
Noraboa !!!

Algunhas fotos da súa traxectoria no club:

Con Xurxo Vega nunha cea da Fessga

En Carballo

En Caldas

Despóis de un pequeno percance en Covas

Despóis do rescate co flopi en Montalvo

Hasta é guapiño...




lunes, 14 de octubre de 2013

CALENDARIO DEPORTIVO TEMPORADA 2.013-14

Xa dispoñemos do calendario deportivo da temporada 2.013-14 aprobado pola Fessga.
Consta de cinco xornadas de liga en augas pechadas e de catro xornadas da liga de augas abertas, ademáis dos respectivos campionatos galegos nas dúas modalidades.
Podedes ver os días, o lugar e as probas a realizar en cada competición. Están pendientes de asignar as sedes de todos os campionatos galegos. Nas xornadas de liga cada deportista só poderá realizar duas probas individuais.

Calendario de augas pechadas:
Calendario de augas abertas:



miércoles, 9 de octubre de 2013

SÁBADO 12 FESTIVO

O vindeiro sábado día 12 de outubro non haberá adestramento na piscina de Caldas.