domingo, 29 de septiembre de 2013

INFORME DA ASAMBLEA XERAL DO CLUB (27-09-13

O venres 27 de setembro celebrouse na Casa da Cultura de Moraña a Asamblea Xeral de socios do Club. 

A decisión máis salientable da noite foi a elección da nova Xunta Directiva presidida por Tino del Río.  A continuación exponse un informe a xeito de acta:









CEA ANUAL DO CLUB

O vindeiro sábado día 12 de outubro celebrarase a cea anual do club. O importe da cea rondará os 15 euros por comensal.
O lugar será A Estrada, pero aínda non está confirmado o lugar nin o importe definitivo, xa que foi unha decisión xurdida da Asamblea. En canto estén confirmados estes aspectos informarase oportunamente.
Ide reservando a data no voso calendario.
Por favor, confirmade a vosa asistencia facendo un comentario no blog ou no wasap do club.

domingo, 22 de septiembre de 2013

ASAMBLEA XERAL DO CLUB 27-09-13

O vindeiro venres 27 de setembro ás 21.15 h (convocatoria única) celebrarase na Casa da Cultura de Moraña a Asamblea Xeral de Socios do Club Acuático Umia ca seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación se procede da acta anterior.
- Informe do presidente.
- Informe económico.
- Presentación da temporada 2.013-14
- Eleccións  a Xunta Directiva.
- Rogos e preguntas.

Rógase a presencia de todos os membros do club.

martes, 27 de agosto de 2013

GRAN EXPERIENCIA NA PARTICIPCIÓN NAS RONDAS AECSA

Os deportistas do club que participaron nas duas xornadas da Liga Aecsa poideron desfrutar de unha gran experiencia. Ás espectaculares condicións da mar e á dureza das probas, uniuse a participación de algúns dos deportistas de máis alto nivel dos que poder aprender e compararse.
Miguel Fariña realizóu unha estupenda participación na categoría cadete e Esteban e Irene estiveron fenomenales na categoría xuvenil.
En senior Dani Suárez, Manuel Fariña, Gustavo e Xavi cumpliron cas espectativas, e Laura Mirás estivo extraordinaria, gañando a probas de Bandeiras do sábado e acadando o terceiro posto o domingo.




















jueves, 22 de agosto de 2013

MATERIAL PARA O ORZÁN

O sábado está asegurada a disposición de todo o material do club, xa que Gustavo pode levar o remolque no seu coche. Pero Gus non pode quedar para o domingo. Por iso, os deportistas que necesiten algún material para o domingo deberán facerse cargo e traelo de volta a Caldas ou a Estrada. 
Tamén pode ser posible conseguir algún material prestado para ó domingo para evitar ese transporte individual. Pero haberá que falalo na Coruña.

HORARIOS RONDAS AECSA

A organización de Aecsa ven de publicar os horario das rondas de este fin de semana. Como teñen cambios co respecto ós horarios previos, recollémolos a continuación:

SÁBADO 24:

Chamamento de todos os deportistas (bandeiras e Ocean) de todas as categorías: 09.15 h.

09.30 h: TABLA-NADAR XUVENIL FEMININO E MASCULINO

11.00 h: OCEAN ABSOLUTO FEMININO

12.00 h.- OCEAN ABSOLUTO MASCULINO

13.00 h.- TABLA-NADAR CADETE FEMININO  E MASCULINO

Descanso COMIDA

17.00 h: BANDEIRAS – XUVENIL – CADETE – ABSOLUTO

DOMINGO – 25

Chamamento de todos os deportistas (bandeiras e Ocean) de todas as categorías: 09.45h

10.00 h: TABLA-NADAR XUVENIL  FEMININO E MASCULINO (Alternando saidas)

11.30 h: OCEAN ABSOLUTO FEMININO 

12.30 h: OCEAN ABSOLUTO MASCULINO

13.30 h: TABLA-NADAR CADETE FEMININO E MASCULINO (Alternando salidas)

15.30: BANDERAS –XUVENIL – CADETE – ABSOLUTO

18.00: ENTREGA FINAL DE PREMIOS


viernes, 16 de agosto de 2013

RONDAS AECSA NA CORUÑA

Comunicámosvos que o club ven de asociarse a Aecsa para facilitar a participación dos seus deportistas a título individual nas duas rondas que se van desputar na Coruña.
Así a taxa de inscripción por deportista en cada ronda é de 15 € (en lugar de 45 €)
Lembrade que poden participar os deportistas dende categoría cadete. (revisar o regulamento das probas)
Os interesados en participar debedes comunicalo ata o luns no chat do watssap para poder facer as inscripción conxunta.
O club adiantará o importe dos que queirades participar que logo deberedes devolver.

Regulamento da terceira ronda (sábado 24):  2013 - Ronda 03 Coruña

Regulamento da ronda final (domingo 25): REGLAMENTO RONDA FINAL – A Coruña