jueves, 15 de agosto de 2013

MÁIS FOTOS DO CAMPIONATO ABSOLUTO SE SABÓN

Alguhas fotos máis do Campionato Galego Absoluto de Sabón (10 e 11 de agosto de 2.013)





















miércoles, 14 de agosto de 2013

COMPETICIÓN AECSA NA CORUÑA

Os vindeiros sábado e domingo 24 e 25 de agosto desputaranse na praia do Orzán as rondas terceira e final do calendario Aecsa.
En canto coñezamos o coste definitivo da participación en cada ronda comunicarémovolo para que valoredes a vosa participación.

lunes, 12 de agosto de 2013

TERCEIROS NO CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO

O fin de semana dos días 10 e 11 de agosto disputouse na praia de Sabón en Arteixo o Campionato Galego Absoluto.
Por diversas circunstancias só acudiron doce deportistas que realizaron unha grandísima competición.
Ademáis os deportistas máis novos das categorías xuvenil e xunior demostraron o seu gran nivel competindo á altura (e superandoos moitas veces) dos maiores.
Ambos días poidemos desfrutar de sol e boa temperatura da auga, aínda que o forte vento incordióu bastante, especialmente o sábado.
Finalmente o club Umia acadóu o terceiro posto na clasificación final por clubs.
Os resultados máis importantes que contribuíron a conseguir ese resultado foron os seguintes:
- Laura: segunda en bandeiras.
- Antía: terceira en carreira con tabla. 
- Dani e Xavi: terceiros en rescate con tabla.
- Dani: terceiro en correr-nadar-correr.
- Mariña: terceira en carreira con ski.
- Relevo feminino (Mariña, Anti, Irene e Laura): primeiras en Taplin.
- Relevo feminino: segundas en rescate con flopi.

Algunhas fotos da competición:


























sábado, 3 de agosto de 2013

JOEL E MIGUEL CONVOCADOS PARA UNHA CONCENTRACIÓN DE TALENTOS

Os deportistas de categoría cadete Joel Iglesias e Miguel Fariña foron convocados pola Fessga para unha concentración de talentos que terá lugar os días 21, 22 e 23 de agosto en Malpica.
Ademáis dos profedores de surf, os concentrados terán como adestradores a  Roberto Navalón e a Carlos Alonso.
Os convocados deben confirmar a súa asistencia e cubrir os formularios cas autorizacións e teléfonos de contacto e entregamos o día de comenzo.

Noraboa !!!

viernes, 26 de julio de 2013

ADESTRAMENTOS

Cominicámosvos que se prolongan os adestramentos de Caldas e A Estrada os mesmos días e horarios que ata agora durante duas semanas  máis.
Retomamolos o vindeiro luns. (Este fin de semana non hai praia)

Moito Ánimo !!!

APLAZADOS OS CAMPIONTOS GALEGOS

Sentimos comunicarnos que acaban de decirnos dende a Fessga que os Campionatos Galegos Absolutos se aplazan para o fin de semana dos días 10 e 11 de agosto.
Aínda que a Fessga contemplaba seguir adiante cos Campionatos, dende  a Xunta de Galicia, recomendaron o seu aprazamento.

jueves, 25 de julio de 2013

CAMPIONATOS GALEGOS ABSOLUTOS

Informámosvos que a pesar dos desgrazados incidentes ocorridos e do loito oficial na nosa Comunidade, os Campionatos Galegos Absolutos manteñen ás súas datas de celebración.
De non haber ningunha decisión de última hora (do que informaríamos oportunamente), os Campionatos comenzarán o sábado ás 10 da mañá.
Por tanto, como no resto das ocasións debemos estar na praia de Sabón ás 9.15 h.
Xa que a xornada do sábado volverá a desputarse en xornada única, debemos estar preparados para ir comendo e bebendo entre probas.