martes, 9 de julio de 2013

MODIFICACIÓN HORARIO ADESTRAMENTOS XULLO-2013

Dende esta semana o horario de adestramentos na Estrada cambia da mañá para as oito e media da tarde, quedando do seguinte xeito:

- A Estrada: martes e xoves ás 20.30 h.

O horario de Caldas segue a ser os luns e mércores ás 11.45 h. e o adestramento na praia (normalmente Montalvo) seguirá sendo os venres ou os sábados.

Fecede o posible por facer os cinco adestramentos da semana.

viernes, 28 de junio de 2013

ADESTRAMENTOS XULLO

Despóis dos Campionatos Galegos por categorías, que deixaron na maioría de nos moitas gañas de competición, e de esta semana de descanso, que desexamos resultara fructífera para todos, esperamos que vos atopedes con moitas gañas de adestrar.
Dispoñemos de catro semanas para preparar os Campionatos Galegos absolutos. Xa que a maioría estamos de vacacións, realizaremos cinco días de adestramento semanais. 
O horario de adestramentos é o seguinte:

- Caldas: luns e mércores ás 11.45 h
- A Estrada: martes e xoves ás 11 h.
- Ademáis realizarase un adestramento en praia (normalmente Montalvo) que poderá ser o venres ou o sábado.

Os adestramentos están deseñados para complementar os de Caldas cos da Estrada. Esperamos que vos animedes a desprazarvos a todos os adestramentos, xa que ese esforzo permitiranos preparar con rigor todas as probas.

Ánimo !!!

domingo, 23 de junio de 2013

ADESTRAMENTOS SEMANA DO 24 Ó 30 DE XUÑO

Rematados os campionatos galegos por categorías, dispoñémonos a preparar as duas competicións que restan en esta temporada:
- O Campionato Galego Absoluto dos días 27 e 28 de xullo.
- A Terceira Ronda Aecsa do día 24 de agosto na Coruña.

A vindeira semana comunicaremos os horarios de adestramento do mes de xullo, para os deportistas xuveniles, xunior e senior que queirades preparar con rigor esas competicións.

Para esta vindeira semana de transición (do 24 ó 30 de xuño) establecense dous adestramentos en Caldas o martes 25 e o xoves 27 ás 11.30 h. En estes adestramentos ós que debedes traer material de piscina e de seco, podedes participar tamén os deportistas de categorías infantil e cadete.

sábado, 22 de junio de 2013

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL XUNIOR 22-06-13 CAIÓN

O sábado 22 de xuño desputouse o Campionato Galego en augas abertas para categorías xuvenil e xunior na praia de Caión.
Tampouco esta vez poidemos desfrutar de un día soleado, pero houbo bastante mar con ondas bastante grandes.
Unha incidencia ca embarcación pneumática de seguridade conlevóu a decisión de suspender a competición cando a penas se levaban desputado a mitade das probas. Na categoría masculina realizáronse as probas de carreira con tabla, rescate con tabla e bandeiras, mentras que as mozas só poideron realizar a proba de bandeiras.
En canto a resultados, Esteban en carreira con tabla, e Manuel e Dani en rescate con tabla acadaron cadansúa medalla de prata, e a desvirtuada clasificación final deparóu o terceiro posto na categoría xunior.

Algunhas fotos...




























viernes, 21 de junio de 2013

LAURA MIRÁS CONVOCADA PARA COMPETIR EN ALICANTE

A deportista de categoría absoluta Laura Mirás foi convocada pola Fessga para participar na Primeira Ronda do circuito nacional Oceanman 2013 que se desputará o sábado 22 e o domingo 23 en El Campello, Alicante.

CAMPIONATO GALEGO AUGAS ABERTAS XUVENIL-XUNIOR

Mañá sábado desputarase o Campionato Galego en augas abertas para categorías xuvenil e xunior na praia de Caión.
Debemos estar antes das 9.30 h. na praia. Se se retrasa ou ten algún problema, chamade a Xavi ou Alex para poder xestionar as baixas.

Vémonos en Caión

domingo, 16 de junio de 2013

ADESTRAMENTOS SEMANA DO 17 Ó 23 DE XUÑO

Os adestramentos da próxima semana seguen cos horarios habituais da Estrada e Caldas para os deportistas de todas as categorías.
Tamén continúan os das categorías alevín, infanti e cadete que veñen de competir nos Campionatos Galegos