miércoles, 24 de abril de 2013

PRIMEIRA XORNADA DE MAIORES

Finalmente a primeira xornada da liga galega de Salvamento en augas abertas desputarase na praia de Agrelo (Bueu)
Lembrade levar o material persoal e estar na paria antes das 9.15 h., xa que despóis hai que dar as baixas.

lunes, 22 de abril de 2013

PRIMEIRA XORNADA DE AUGAS ABERTAS DE PEQUENOS

O pasado sábado 20 de abril desputouse na Praia de Rodeira (Cangas) a primeira xornada da Liga Galega de Augas Abertas para categorías alevín, infantil e cadete.
O club desprazóu a 21 deportistas que poideron desfrutar de un día bastante bo nos aspectos climatolóxico e deportivo.

Os resultados máis importantes acadados polos deportistas do club foron:
- Joel Iglesias: 3ª en Nadar-Durf cadete masculino.
- Uxía González: 2ª en carreira con tabla cadete feminina
- Miguel Fariña: 1º en carreira con tabla e en sprint cadete masculino
Dominio das deportistas alevíns femininas na proba de nadar-surf na que acadron catro das cinco primeiras posicións:
- Ainoa: 1ª
- Marta T. Dono: 2ª
- Iria: 4ª
- Marta T. Cora: 5ª
Así mesmo os equipos alevíns femininos quedaron na primeira e terceira posicións no relevo de sprint.
Quecemento

Charla técnica

Fariña controlando a Fariña

Nadar-surf

Joel

Foi duro...

Gus e Dani

Equipo

Preparado

Alex en bandeiras

Xa e meu...

Xa nos vai tocar

Celeste

Primeira proba de tabla

Ángela

Tabla

Sprint

Uxía

jueves, 18 de abril de 2013

PRIMEIRA XORNADA AUGAS ABERTAS PEQUENOS

Este sábado 20 de abril desputarase na praia de Cangas a primeira xornada da liga de augas abertas 2.012-13
Os deportistas deben estar na praia ás 9.15 h, para o quecemento, xa que ás 9.30 h. é preciso dar as baixas á organización.
O formato de competición será semellante ó da liga de augas pechadas: desputaranse todas as probas do calendario de cada categoría. Os deportistas alevíns e infantiles desputarán dúas probas e os cadetes tres probas. Ademáis haberá as probas de equipos. Está previsto que a competición dure todo o día.

ADESTRAMENTO DE MAIORES

Ese mesmo sábado aproveitando o desprazamento do material realizaranse duas sesións de adestramentos de maiores:
- Ás 10.15 h. primeira sesión
- Ás 16.30 h (aproximadamente) segunda sesión
O horario da segunda sesión é aproximado, xa que dependerá da finalización das competicións de táboas dos pequeños.

jueves, 11 de abril de 2013

ADESTRAMENTO SÁBADO 13 DE ABRIL

O vindeiro sábado 13 de abril o adestramento volverá a ser na praia de Silgar ás 11 da maña.
En esta ocasión poderemos quedar directamente na praia porque xa se puido cargar o remolque co material este xoves. (algo que non sempre será posible)
Recordamos ós deportistas que é preciso colaborar na descarga do material na piscina de Caldas. Para iso acabaremos o adestramento un pouco antes que a semana anterior.
Reiteramos a importancia de que os que dispoñedes de tablas propias fagades por traelas.

viernes, 5 de abril de 2013

PRIMEIRO ADESTRAMENTO EN PRAIA

Confirmamosvos que mañá realizaremos o primeiro adestramento de esta temporada en praia.
Deberemos estar na praia de Silgar (Sanxenxo) ás 11 da mañá.
Procurade estar preparados para calquera circunstancia, xa que aínda que o pronóstico non é demasiado malo, as temperaturas son baixas e existe posibilidade de choiva. Non esquezades neopreno (se o tendes) todalla e roupa de baño e de abrigo.
É moi importante que os dispoñades de material propio (tablas) as traiades para adestrar con elas.

lunes, 1 de abril de 2013

ADESTRAMENTOS TEMPORADA DE AUGAS ABERTAS

Informamos a todos os deportistas que os adestramentos na temporada de augas abertas se realizarán pola semana na Estrada e en Caldas nos horarios habituais e os sábados na praia (a non ser que as condicións climatolóxicas sexan moi desfavorables)
Para os adestramentos da semana será preciso que todos os deportistas, ademáis do material habitual de piscina, leven na mochila zapatillas, pantalón e camiseta deportivas. Este material deberá levarse todos os días na Estrada e en Caldas aínda que non todos os adestramentos se poida sair ó exterior.
O adestramento do vindeiro sábado 6 de abril será na praia de Silgar (Sanxenxo) ás 11 h.

CAMPIONATOS DE ESPAÑA ABSOLUTOS - ALCORCÓN

Os pasados 23 e 24 de marzo disputaronse en Alcorcón os Campionatos de España en Augas Pechadas para categorías xuvenil, xunior e senior.
A extraordinaria experiencia que poidemos desfrutar os que acudimos, permitiunos aprender, coñecer, esforzarnos, compartir... o que en definitiva nos axudará a ser un pouco mellores.
Ademáis, aínda que houbo de todo, en moitos casos rebaixamos as nosas marcas personais.
Se a isto engadimos a obtención de unha medalla de bronce no relevo xunior de remolque (Dani, Manuel, Tino e Samuel) e unha de ouro acadada por Dani Suárez no 50 rescate, o balance non pode ser máis que satisfactorio.

Deixamosvos unhas poucas fotos:


 Fue bonito mientras duró








Mati Return

 Relevo Histórico (no os olvidaremos)









Una medalla para gobernarlos a todos













El mayor éxito del Umia (gracias Dani)
 Irene flying


 Expectación máxima en cuerda (Increíble)
 Superwoman Crichi   (Enhorabuena)
Galiza calidade

 1´04´´????? El marcador electrónico se volvió loco??? NO
 Antía saltando bien!!!!! la ocasión lo merecía
El salto que vale el oro (y al fondo Tino haciendo el pájaro jajaj)