lunes, 1 de abril de 2013

ADESTRAMENTOS TEMPORADA DE AUGAS ABERTAS

Informamos a todos os deportistas que os adestramentos na temporada de augas abertas se realizarán pola semana na Estrada e en Caldas nos horarios habituais e os sábados na praia (a non ser que as condicións climatolóxicas sexan moi desfavorables)
Para os adestramentos da semana será preciso que todos os deportistas, ademáis do material habitual de piscina, leven na mochila zapatillas, pantalón e camiseta deportivas. Este material deberá levarse todos os días na Estrada e en Caldas aínda que non todos os adestramentos se poida sair ó exterior.
O adestramento do vindeiro sábado 6 de abril será na praia de Silgar (Sanxenxo) ás 11 h.

CAMPIONATOS DE ESPAÑA ABSOLUTOS - ALCORCÓN

Os pasados 23 e 24 de marzo disputaronse en Alcorcón os Campionatos de España en Augas Pechadas para categorías xuvenil, xunior e senior.
A extraordinaria experiencia que poidemos desfrutar os que acudimos, permitiunos aprender, coñecer, esforzarnos, compartir... o que en definitiva nos axudará a ser un pouco mellores.
Ademáis, aínda que houbo de todo, en moitos casos rebaixamos as nosas marcas personais.
Se a isto engadimos a obtención de unha medalla de bronce no relevo xunior de remolque (Dani, Manuel, Tino e Samuel) e unha de ouro acadada por Dani Suárez no 50 rescate, o balance non pode ser máis que satisfactorio.

Deixamosvos unhas poucas fotos:


 Fue bonito mientras duró








Mati Return

 Relevo Histórico (no os olvidaremos)









Una medalla para gobernarlos a todos













El mayor éxito del Umia (gracias Dani)
 Irene flying


 Expectación máxima en cuerda (Increíble)
 Superwoman Crichi   (Enhorabuena)
Galiza calidade

 1´04´´????? El marcador electrónico se volvió loco??? NO
 Antía saltando bien!!!!! la ocasión lo merecía
El salto que vale el oro (y al fondo Tino haciendo el pájaro jajaj)

viernes, 8 de marzo de 2013

Ctos de España de Valladolid

O pasado fin de semana do 2 e 3 deste mes, mentres as categorías superiores do clube loitaban en Carballo por convertirse de novo en campións galegos, un reducido grupo de 4 nadadores de categorías inferiores facían todo o posible por aprender, batir as súas marcas persoais e conseguir algunha medalla.

Estes catro valentes eran:


Marta Troitiño e Ainoa Carracedo en categoría alevin e Antia Garcia e Miguel Fariña en categoria cadete.
                 


Marta Troitiño
Ainoa Carracedo
Miguel e Antia
En canto a resultados, o máis destacado foi a medaia de prata de Antia Garcia na proba de 50 m arrastre maniqui e o cuarto posto en 50 m maniqui aletas; o décimo posto de Miguel Fariña en 50 maniqui aletas baixando a súa millor marca en case 2 segundos; e a rebaixa das millores marcas das dúas alevíns nas probas nas que competiron, categoría na que o que maís se valora é a aprendizaxe que proporciona a participación nus campionatos de España por enriba de marcas e postos conseguidos.





Complexo Parquesol - Valladolid


Dar as grazas ó clube Sasa por permitirnos ir con eles no autobus ata Valladolid e a noraboa á súa nadadora Lucia pola medaia de bronce conseguida na proba 100m supersos. Felicidades!!