sábado, 7 de julio de 2012

ADESTRAMENTOS CAMPIONATOS

Os adestramentos da vindeira semana (do 9 ó 15 de xullo) son os seguintes:

- Caldas: Martes e xoves ás 11.45 h. na piscina.
- A Estrada: Martes, mércores e xoves ás 11 h. na piscina descuberta.

O sábado 14 na praia do Ézaro (concello de Dumbria) lugar no que se disputa o Campionato Galego Alevín, Infantil e Cadete, os demáis deportistas do club, estamos convocados a un adestramento que se realizará pola mañá e pola tarde en función das condicións que permita o desenvolvemento do campionato.

SUSPENDESE O ADESTRAMENTO DO DOMINGO 8 DE XULLO

O adestramento-exhibición que estaba programado para o domingo 8 de xullo queda suspendido ó cancelarse a actividade por parte dos organizadores.

domingo, 1 de julio de 2012

CAMPIONATOS FESSGA

Lembramos que as datas dos Campionatos Galegos pendientes son:

- 7 de xullo: Praia de Caion. Campionato Galego Xuvenil-Xunior .
Probas: Bandeiras, Carreira con táboa, Rescate con táboa, Correr-nadar-correr e Rescate con tubo.

- 14 de xullo: Praia do Ézaro (Concello de Dumbría). Campionato Galego Alevín, Infantil-Cadete.
Probas: Calendario Fessga.

- 21 e 22 de xullo: Praia de Razo. Campionato Galego Absoluto.
Probas: Calendario  Fessga.

Lembramos que a data límite de inscripción é o luns anterior a cada competición. Por tanto de haber algunha incidencia na vosa participación debedes avisar na piscina de Caldas (986 54 08 31 de 9.30 a 13 e de 19.30 a 23 h.) o mesmo luns. En caso contrario todos os deportistas serán inscritos e deberán particiar nos seus campionatos respectivos.

DATOS ADESTRAMENTO SABÓN 30-06-12

Este é o enlace cos datos da dura carreira de quecemento que fixemos en Sabón. Os datos pertencen a Dani Suárez.

http://connect.garmin.com/activity/194198631#.T-8RrjqlKG8.gmail

ADSTRAMENTO ACCIDENTADO

Como xa sabedes, cando este sábado chegamos a Caión, descubrimos que as condicións da praia non nos permitirían adestrar ben, polo que decidimos trasladarnos a Sabón.
Queremos agradecer o esforzo dos pais que nos levaron tan lonxe, agradecer a súa paciencia para ir un pouco máis lonxe aínda, que levaran o remolque,  axudaran a trasladar o material ó outro lado da praia e nen sequera se queixaran despóis de que nos retrasaramos maís de 1 hora e acabáramos o adestramento ás tres da tarde.
Todo o seu apoio permitíunos finalmente desfrutar de unha sesión maravillosa de adestramento, na que finalmente a choiva desaparecéu, Josecho aportóu a súa sabedoría co ski, a temperatura da auga estaba estupenda e as ondas resultaron perfectas.
Grazas a to@as !

viernes, 29 de junio de 2012

ADESTRAMENTO EN CAIÓN 30/06/12

O adestramento do sábado 30 de xuño do 2012 terá lugar na praia de Caión, ás 11.00 da mañá.

miércoles, 20 de junio de 2012

Aviso a deportistas do CAUmia

Este proximo sábado dia de competición, os deportistas do CAUmia deberán presentarse ás 08:15 na Piscina Municipal de Caldas de Reis para axudar a cargar o material para poder competir.

Tamén dicir que a competición terá lugar na praia de Montalvo, e que os deportistas que compitan pola mañan teñen que estar na praia ás 09:00 horas da mañan e os que compitan pola tarde, ás 15:30 horas para o quecemento.