lunes, 4 de noviembre de 2013

PRIMEIRA XORNADA DA LIGA

Este sábado día 9 de novembro o noso club organiza a primeira xornada da Liga Galega da temporada 2.013-14.
Como sempre aspiramos a facer unha boa organización entre todos. Contamos con moitos de vos, que xa vos anotáchedes para axudar en diferentes tarefas organizativas para que todo saia ben.

En canto á organización puramente deportiva, recordade que é moi importante ser rigurosos na participación:
- En esta e en todas as competicións da temporada, todos os deportistas do club ides ser inscritos para participar. 
Só en caso de que por algunha razón non poidades acudir, debedes avisar persoalmente chamando ó tfno da piscina de Caldas (986 54 08 31) antes do martes da semana da competición. (no caso dos Campionatos galegos debe facerse ata o sábado anterior)
Lembrade a importancia de cumplir esta norma, xa que a nosa participación pode condicionar a de outros compañeiros nas probas de equipos e ademáis cada inscripción que ó club realiza ten un custe económico, que en caso de non asistir se perdería.
- Ser puntuáis: os pequenos debedes chegar á instalación antes das 9.15 h e os maiores antes das 15.45 h. Xa que as  baixas de última hora deben comunicarse media hora antes de empezar a competición, e se non chegades a esa hora teremos que darvos de baixa. Ademáis é importante ter tempo para quentar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario