A Fessga vai organizar a tradicional cea anual o vindeiro sábado 30 de novembro en Carballo. En ela premiarase ós mellores deportistas e ó mellor club da temporada 2.012-2013.
O lugar de celebración será o hotel Punta del Este ás 22.00 horas e o prezo é de 25 € para adultos e 15 € para nenos.
Esta cea coincide o mesmo día da desputa da segunda xornada da liga de augas abertas, que tamén se realizará en Carballo.
A xunta directiva do club conseguíu as seguintes ofertas de aloxamento para aqueles que ademáis de cear queirades quedar a durmir no hotel:
- Habitación dobre: 45 € + 10% IVE
- Habitación triple (matrimonio con supletoria ou 3 camas): 61 € + 10 % IVE
- Habitación cuádruple (matrimonio con 2 supletorias): 77 € + 10 % IVE
A directiva realizará unha reserva conxunta para aqueles que confirmedes antes do martes 19. (Se queredes reservar cea tendes que especificar cantos adultos e cantos nenos ides e se queredes reservar hotel, tendes que indicar o tipo de habitación que queredes)
É moi importante que o fagades antes do día 19, porque pode haber limitacións no hotel. Os que non queirades facelo co club, poderedes facelo máis adiante pola vosa conta se aínda hai prazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario