A xornada supuxo un importante éxito para o noso club en diferentes aspectos:
- No social: O club volvéu demostrar a súa capacidade organizativa facendo que a xornada fora perfecta a pesar de contar ca presenza de un número récord de participantes. Este éxito foi posible grazas ós esforzos da directiva e á implicación de todos os estamentos do club (pais, deportistas, adestradores e simpatizantes) que axudaron na preparación da piscina para a competición, na intendencia do día, cámara de saídas, colocación do material durante as probas, documentación gráfica, ou recollendo e limpando a instalación unha vez finalizada a competición.
Así mesmo trece membros do club, entre deportistas e pais, realizaron o venres o curso de xuiz cronometrador, e fixeron as prácticas oficiais en esta primeira xornada, co cal poderán colaborar en competicións sucesivas como cronometradores. A adquisición de esta titulación axudará a elevar o nivel técnico e organizativo nas competicións.
No deportivo: Debemos destacar en primeiro lugar a gran actuación dos deportistas para os que a de onte foi a primeira competición. Os nervios iniciais (algúns de toda a noite) mudaron en satisfacción despóis de unha gran actuación. Tamén a estupenda adaptación ás novas distancias dos deportistas que cambiaron de categoría.
Podemos destacar os resultados acados por Enrique López (primeiro infantil), Ángela Cabalar e Ainoa Carracedo (segunda e cuarta infantís), Irene Rivadulla (segunda xuvenil), Tania Gamallo e Mariña Magariños (segunda e cuarta xuniors), Dani Suárez (primeiro xunior que ademáis nos regalóu un espectacular récord en 100 rescate aletas), ou Laura Mirás (segunda senior)
Os puntos acadados por eles e por todos os demáis compoñentes do club nas probas individuais e de equipos de todas as categorías (923), permítennos colocarnos na primeira posición provisional de clubs de esta temporada.
Noraboa a todos !!!
Algunhas fotos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario