De novo incomodidade para os pais e seguidores, aínda que os deportistas estuveron algo máis cómodos. Xornada moi longa de mañá e longuísima pola tarde. Unha piscina que segue sen resultarnos excesivamente boa en resultados.
A parte máis positiva foron as mínimas acadadas por Ana Abal, Andrea Pérez, Esteban Ferreiro e Matías e Irene Rivadulla, e os 730 puntos sumados pola aportación de todos os nosos deportistas.
Pola mañá os infantiles e cadetes acadaron 251 puntos, cos que acabamos a terceira posición.
Os mellores resultados foron:
- En 100 m. Obstáculos: Ángela Cabalar sexta e Enrique López segundo.
- En 50 m. Rescate con aletas: Ainoa Carracedo cuarta, Enrique López terceiro e Nicolas Servide cuarto.
No relevo 4 x 50 m. con Tubo os equipos infantiles femeninos foron segundo e quinto e o masculino segundo. O relevo cadete feminino foi quinto.
Os mellores resultados acadáronos:
- En 100 m. Socorrista: Antía García foi terceira e Matías Rivadulla primeiro na categoría xuvenil, Mariña Magariños primeira en xunior e Rubén Fernández cuarto en senior.
- En 50 m. Rescate: Irene Rivadulla foi terceira e Matías Rivadulla segundo en xuvenil. Dani Suárez primeiro en xunior e Laura Mirás quinta en senior.
- En 200 m. Supersos: Ana Abal segunda , Irene Rivadulla quinta e Esteban Ferreiro primeiro en xuvenil. Tania Gamallo segunda e Daniel suárez primeiro en xunior, e Laura Mirás cuarta e David Suárez quinto en senior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario