Este domingo 12 de xaneiro desputarase en Arteixo a cuarta xornada da liga de aguas pechadas.
En esta competición non participarán os deportistas de categoría alevín.
Pola mañá o quecemento para as categorías infantil e cadete será ás 9.00 h. e o comenzó da competición será ás 10.00 h.
Pola tarde o quecemento para as categorías xuvenil, xunior e senior empezará ás 15.30 h. e a competición ás 16.30 h.
Xa que estes días tivemos vacacións, é moi importante que se alguén non pode acudir a esta competicion, e aínda non avisóu ós adestradores, que o faga durante o día de hoxe martes 7, chamando á piscina de Caldas (986 54 08 31) para comunicalo.
Recordade que ademáis de facer as inscripcións, o club debe facer un ingreso en efectivo da cota de participación de cada deportista o martes da semana da competición.
O sábado 11 (día anterior á competición) hai adestramento en Caldas ás 12.00 h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario