domingo, 13 de enero de 2013

SEGUNDA XORNADA DE LIGA PEQUENOS

O vindeiro sábado 19 de xaneiro desputarase en Carballo a segunda xornada da liga galega de Salvamento Acuático.
O quecemento é as 9 h. e debedes estar na piscina como moi tarde ás 9.15 h. As probas empezan ás 10 h. A xornada disputarase  durante a mañá e a tarde.
Os deportistas de categoría alevín realizarán duas probas individuais e os infantís e cadetes tres. Ademáis realizaranse as probas de equipos.

Lembramos a importancia de que no caso de que non podades participar na competiciónavisedes ata o mércores 16 pola mañá chamando á piscina de Caldas. En caso contrario estaredes inscritos e contaremos con vos para as probas individuais e os relevos. 
Se despóis de estar inscritos e de contar con ir, unha incidencia de última hora vos impide acudir, por favor avisade ós adestradores antes das 9.30 h., xa que aínda poderíamos darvos de baixa. De estar inscritos e non participar o club recibirá sancións por realizar inscripcións incorrectas.
Os xuveniles, xuniors e seniors terán adestramento normal en Caldas ás 12 h. A súa segunda xornada será o fin de semana seguinte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario