viernes, 25 de enero de 2013

RECORDATORIOS

Este fin de semana temos dous compromisos:

- O domingo 27 temos a segunda xornada da liga de augas pechadas para categorías xuvenil, xunior e senior en Arteixo. Lembrade que é preciso estar na piscina antes das 9.15 h., xa que ás 9.30 h. hai que dar as baixas de última hora. Non esquezades o material individual.

- O sábado 26 hai adestramento normal na piscina de Caldas. É moi importante que estemos todos xa que hai que darlle unha volta ós relevos e á técnica específica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario