domingo, 22 de julio de 2012

RESULTADOS CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO RAZO 21 E 22 DE XULLO

O campionato Galego Absoluto disputado en Razo os días 21 e 22 de xullo foi a oportunidade para que os deportistas máis novos das categorías xuvenil e xunior competiran conxuntamente cos deportistas senior sendo tratados en igualdade de condicións. Tamén para os maiores comprobar como na maioría das ocasións os "pequenos" os superaban en moitas probas.
Os deportistas do club que acudiron (sentimos que moitos non o fixeran e perderan a experiencia) poideron desfrutar de un fin de semana de condicións excepcionais: Unha praia marabillosa que nos ofrecéu moito sol, auga quente e ondas moi xeitosas.
Para os deportistas Tania, Mariña, Laura, Adriana, Paula, Samuel, Manuel Pereira, Daniel Suárez, David, Manuel Fariña, Gustavo, Daniel Casas, Josecho e Xavi, os adestradores Xurxo e Alex, e os acompañantes Antía, Miguel, Matías e Esteban, non tivo ningunha importancia que se tratara da primera competición autonómica na historia do club na que non acadáramos nengunha medalla. A recompensa foi participar e desfrutar.

Grazas a todos os que participáchedes (deportistas, adestradores, pais, acompañantes e transportadores)

No hay comentarios:

Publicar un comentario