domingo, 30 de octubre de 2011

PRIMEIRA XORNADA DE LIGA 2011-12 (ARTEIXO, 6-11-11)

Queremos lembrarvos algunhas normas para as competicións de esta temporada:

- Todos os deportistas debemos participar en todas as probas.
- Debemos chegar á piscina con tempo suficiente para realizar o quecemento con todo o grupo. En todo caso sempre antes das 9.30 h. pola mañá e das 16.00 h. pola tarde, (hora límite para comunicar as posibles baixas).
- Para tratar de mellorar a organización das diferentes competicións, os clubs comprometémonos a colaborar co club organizador en calquera cousa que poidan precisar (cronometrar, colocar manequíns, etc.), polo que os que poidades votar unha man, comunicádeo ós adestradores.
- Ó igual que no resto das competicións de esta temporada haberá cámara de saídas. Deberemos estar en ela duas series antes da nosa e mostrarnos atentos ás indicacións dos organizadores.
- Ademáis, comunícannos que na competición do ano pasado en Arteixo, os vestiarios quedaron moi sucios e lixo e comida por toda a instalación. Así que por indicacións da empresa, non se poderá pasar á instalación con comida. Ademáis pídennos que para aproveitar mellor o pouco espazo do que se dispón, será preciso que todos utilicemos as taquillas e non levemos as mochilas para a nave do vaso.
- En xeral debemos mostrar unha actitude respectuosa durante toda a competición: Silencio nas saídas, ocupar o noso lugar cando non compitamos, etc.

Lembrade que ser un bo deportista é moito máis que ser bo competidor...

No hay comentarios:

Publicar un comentario