domingo, 2 de octubre de 2011

NORMAS TEMPORADA 2.011-12

As normas adoptadas que deben observar todos os deportistas do club son resumidamente as seguintes:
- Ser moi puntuais nos adestramentos e nas competicións. Á hora sinalada para o comenzo da actividade hai que estar xa mudados e duchados para comenzar.
- Reducir ó máximo o tempo de paso polos vestiarios, tanto ó entrar como ó sair dos adestramentos.
- É obrigatoria a praticipación en todas as competicións e en todas as probas. Se por algunha causa moi xustificada non se poidera participar, é preciso avisar antes do mércores ás 13 h. da semana da competición. O único xeito de avisar é chamar á piscina de Caldas (Tfno. 986-54 08 31) e deixar o recado.
- O Club asumíu o compromiso de acudir con aqueles que acaden as marcas mínimas de acudir ós Campionatos de España das diferentes categorías. Para acadar este obxectivo solicítase compromiso a todos e anunciase que se tomarán medidas disciplinarias con aqueles que non observen un comportamento axeitado ou entorpezan o traballo dos compañeiros.
- Esta temporada dispoñerase de unha hora máis na Piscina da Estrada. Todos os deportistas que non teñan clase polas tardes deberán acudir obrigatoriamente ós adestramentos das 16.00 h. (luns, mércores e xoves) deixando o horario das 19.00 h. (luns e mércores) para os deportistas que teñen clases polas tardes (Colexio Lourdes)
-Recordase a todos a importancia de participar nos adestramentos conxuntos dos sábados ás 12.00 h. na Piscina de Caldas.

Desexamos que teñades unha boa temporada.

Os adestradores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario