O sábado 15 de xuño desputosue na Praia do Ézaro do concello de Dumbría o Campionato Galego en augas abertas para categorías alevín, infantil e cadete.
Só votamos de menos a Antía, pero para compensar poidemos desfrutar da presenza de Cristina que por fin puido estar con nos.
As condicións resultaron bastante agradables, con unha temperatura e unhas ondas no mar que nos gustaron moito.
Xa que se trataba dos Campionatos e da última competición da temporada, estivemos moi valentes e todos acabamos as probas, deixando clara a nosa progresión.
Entre outros resultados debemos destacar o pleno no podio alevín feminino da proba nadar-surf, varias medallas en probas de equipos
e o Campionato galego absoluto da categoría cadete para Miguel Fariña, despóis de varios podios e victorias.
Algunhas fotos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario