Este fin de semana desputouse en Carballo o Campionato Galego en Augas Pechadas para categorías xuvenil, xunior e senior.
A participación saldouse con un éxito rotundo, xa que o noso club proclamouse gañador absoluto do Campionato. Tamén acadamos a victoria na categoría xuvenil e o segundo posto na categoría xunior.
Esta victoria foi posible grazas á aportación de Joel, que debutaba na categoría para desputar os relevos, de Helena, Alba, Antía, Mariña, Irene, Esteban, Manuel, Matías, Tania, Laura Crespo, Tino, Manuel Fariña, Dani Suárez, Samuel, Laura Mirás, David Suárez, Gustavo, Dani Casas, Diego, Xavi, Alex e Nerea, que aínda que no puido competir, achegosue á piscina para empuxar ó máximo. Tamén grazas a Faider e Javicho, que en estes duros intres trasladáronnos constantemente o seu apoio durante todo o fin de semana.
Por suposto que tamén o foi grazas ós "siareiros": os papás, mamás, familia e amigos que nos apoiaron durante toda a competición.
É difícil resumir un fin de semana tan longo e con tantas probas. Ademáis das numerosas medallas acadadas nas diferentes probas individuais e de equipos, o máis importante foi o nivel acadado. Case todos os deportistas melloraron as súas marcas, volveron a caer mínimas para os de España e incluso os que esta temporada non poden adestrar máis que un pouquiño (ás veces moi moi pouquiño) mantiveronse nos seus mellores rexistros.
Finalmente Irene proclamouse campiona xuvenil feminina e Matías campión xuvenil masculino.
A organización puxo unha nota emocionante cando durante a cerimonia de entrega de trofeos, contactóu con Javicho, que telefónicamente dende o hospital dirixíu unhas palabras a toda a comunidade do Salvamento, que o ovacionóu de xeito moi cariñoso.
Grazas e noraboa a todos !!!
David Fins
Irene Rivadulla
Helena dándolo todo y un poco más
Las tres mellizas
4x25 remolque (Mariña a Antía)
Tania Line
100 Aletas
Two fast two furious
Vamos Casca!!!!
Los 4 Mágníficos
Manuel y Estéban
A repetirlo en España
Lobelle´s vs Cascallar
Irene Nervous
Matías Champion
























No hay comentarios:
Publicar un comentario