O sábado 9 de febreiro desputouse na Piscina de Carballo o Campionato Galego en augas pechadas para categorías infantil e cadete.
Co despiste matutino de Joel, as ausencias de Enara e Cristina, e a valiosa aportación dos alevíns Brais, Alex e Anxo, os deportistas do club realizaron un gran campionato.
Todos os deportistas baixaron os seus tempos personais en algunha ou todas as probas.
O nivel xeral foi altísimo, xa que este ano en case todos os clubs os deportistas parece que tamén están a adestrar moi forte. Quizáis por iso, aínda que os resultados foron moi bos en esta ocasión non acadamos demasiadas medallas. A excepción foi o relevo 4 x 50 m. flopi cadete feminino formado por (Ana, Alba, Uxía e Antía) que acadóu unha medalla de bronce, e a nivel individual Miguel Fariña e Antía García.
- Antía quedóu segunda na categoría cadete feminino, (a 2 puntos da primeira) tras acadar dous primeiros postos, dous segundos, un terceiro e un récord galego.
- Miguel acadóu o primeiro posto na categoría cadete masculina
(Campión Galego da categoría cadete) tras acadar tres primeiros postos, e dous cuartos.
Algunha fotos do día:
No hay comentarios:
Publicar un comentario