O vindeiro sábado día 1 de decembro de 2.012 vaise desputar en Carballo unha competición únicamente para categorías infantil e cadete que se chama Open Aecsa. O quecemento será ás 16.00 h e a competición empezará ás 17.00 h.
A pesar do pouco tempo do que dispoñemos dende a convocatoria, o club decidíu participar. Por iso temos que axilizar as inscripcións.
As probas a desputar son:
- 50 m. rescate do manequín con aletas (ambas categorías)
- 50 m. socorrista (infantil)
- 100 m. supersocorrista (cadete)
- 4 x 12,5 relevo de remolque do manequín (ambas categorías)
- 4 x 50 m. relevo con flopi (ambas categorías)
Para preparar esta competición é moi importante que todos os deportistas das categorías infantil e cedete acudades este sábado ó adestramento.
Recordade que se alguén non pode ir a esta competición debe comunicarllo este sábado ós adestradores ou como límite chamar o luns á piscina de caldas (986 54 08 31). De non avisar seredes inscritos para a competición e incluídos nos equipos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario