O pasado sábado 5 de maio disputouse a segunda xornada de augas abertas cun balance moi positivo para os nosos deportistas.
Carreira con táboa.
En categorías inferiores Matías Rivadulla e Antía del Río foron sendos gañadores da categoría cadete.
Rescate con táboa
En cadete masculino o Umia 1 (Matías Rivadulla e Estéban Ferreiro) foron os dominadores da proba, mentres que o Umia 2 (Miguel Fariña e Joel Iglesias) conseguiron un valioso 3 posto.
En cadete feminino Antía del Rio e Andrea Pérez tamén acabaron terceiras.
Xuvenil
Daniel Suárez alzouse na 1 posicion cunha sufrida victoria frente Alejandro González (SASA).
No relevo o Umia 1 formado por Daniel Suárez e Manuel Pereira tamen conseguiron o triunfo.
Xunior
Nuria García foi a única nesta categoría que acadou un resultado positivo, un 3 posto. Outra vez un contratempo para Manuel Fariña que lle impediu estar nos postos de cabeza.
No relevo Umia 1 (Nuria García e Nerea López) 2 posto. Umia 2 (Tania Gamallo e Paula Otero) 3 posto.
Senior
Laura Mirás volveu a reinvindicar o seu posto na Selección Galega con outra victoria en Táboa.
No relevo Umia 1 (Laura Mirás e Laura Crespo) acadaron un 2 posto.
Meritoria tamén a actuación do debutante Daniel Casas cun 5 posto, xusto por detrás de Xavier Calvo ao que unha caida lle impediu estar na pomada.
A seguir luitando...

No hay comentarios:
Publicar un comentario